Pär Larson, nado o 17 de maio de 1959 en Suecia e formado academicamente en Florencia e en Estocolmo, é un lingüista e filólogo sueco estudoso do galego-portugués.
Traxectoria
Licenciouse en Historia da Lingua Italiana con Arrigo Castellani, é profesor-investigador no Instituto C.N.R. Opera del Vocabolario Italiano de Florencia. A súa especialidade é a lexicografía e a gramática histórica do italiano antigo, da lírica románica medieval e de historia lingüística da Córsega. É autor dun centenar de libros e artigos, entre os que destacan o pioneiro Glossario diplomatico toscano avanti il 1200 (1995) e a gramática do galego-portugués La lingua delle cantigas (2018), traducido e publicado en galego en 2019.
É socio correspondente da Accademia della Crusca, coa que publicou en 1995 un Glossario diplomatico toscano, explorando os elementos pre-literarios italianos na documentación latina medieval. En 2025 tamén foi publicado en galego Et in Gallaecia Ego.
Obra Glossario diplomatico toscano avanti il 1200: studi sull'italiano preletterario (1996). Stockholms universitet, Institutionen för franska och italienska. ISBN 9789171534309. La lingua delle cantigas: grammatica del galego-portoghese (2018). Carocci editore. ISBN 9788843093953. A lingua das cantigas. Gramática do galego-portugués (2019). Reed. 2026, Vigo: Galaxia. 200 páxs. ISBN 978-84-9151-390-2. Et in Gallaecia Ego. Esculcas no mundo dos trobadores (2025). Santiago: Laiovento. Tradución, adaptación e revisión de Mariña Arbor Aldea. 170 páxs. ISBN 978-84-8487-739-4. ebook: ISBN 978-84-8487-740-0.
Libros colectivos
A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas (2008). Consello da Cultura Galega.
Notas
Categoría:Nados en Suecia Categoría:Nados en 1959 Categoría:Filólogos de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Alumnos da Universidade de Florencia Categoría:Personalidades sen imaxes