Westar foi unha serie de satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria lanzados entre 1974 e 1984.
Características miniatura|Recuperación do Westar 6 durante a STS-51-A. Os satélites Westar eran propiedade de Western Union, unha das primeiras compañías en obter permiso nos Estados Unidos para operar un sistema de satélites doméstico. En total lanzáronse seis satélites Westar pertencentes a dúas xeracións distintas.
Westar 1, 2 e 3 Usaban o bus HS-333AS de Hughes Aircraft Company, estabilizado mediante xiro, e eran similares aos Anik A canadenses ou aos Palapa A indonesios. Os satélites retransmitían voz, vídeo e datos aos Estados Unidos continentais, Alasca, Hawai e Porto Rico. A estación terrestre principal estaba en Glenwood, Nova Jersey, preto de Nova York. Había outras estacións en Atlanta, Chicago, Dallas e Os Ánxeles. Cada satélite tiña doce transpondendores en banda C cunha capacidade total de 7000 circuítos de voz en ambos sentidos ou 12 canais de televisión en cor simultáneos. Os tres satélites foron lanzados mediante foguetes Delta 2914 entre 1974 e 1979.
Westar 4, 5 e 6
A segunda xeración de satélites Westar usaba o bus HS-376, tamén de Hughes Aircraft Company e tamén estabilizados por xiro. Levaban 24 transpondedores en banda C a bordo. Os Westar 4 e 5 foron lanzados mediante foguetes Delta 3910 PAM-D sen problemas, mentres que o Westar 6 foi lanzado na misión STS-41-B, levada a cabo polo transbordador espacial Challenger, pero a etapa PAM-D que debía levalo á órbita xeoestacioanaria fallou, quedando en órbita baixa. O satélite foi traído de volta a terra na misión STS-51-A, na primeira operación desde tipo feita xamais. Hughes preparou o satélite de novo, sendo vendido ao consorcio AsiaSat e sendo renomeado como AsiaSat 1, lanzado o 7 de abril de 1990 mediante un foguete CZ-3 sen problemas.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasWestar 113 de abril de 1974Delta-2914ÉxitoWestar 210 de outubro de 1974Delta-2914ÉxitoWestar 310 de agosto de 1979Delta-2914ÉxitoWestar 426 de febreiro de 1982Delta 3910 PAM-DÉxitoWestar 59 de xuño de 1982Delta 3910 PAM-DÉxitoWestar 63 de febreiro de 1984ChallengerFallo parcial
Notas
Véxase tamén Outros artigos STS-51-A Delta 2914 Delta 3910 PAM-D
Categoría:Satélites artificiais