El médico atento é unha película galega dirixida por Raúl Veiga no ano 2014.

Sinopse El médico atento é unha longametraxe documental na que colaboraron os doutores Fernando Diz-Lois, Fernando de la Iglesia e Emilio Casariego, que pretende mostrar o traballo dos médicos, que ademais de curar, acompañan o paciente e tentan aliviar o seu sufrimento.

Cando o sistema sanitario se enfronta a graves problemas, agravados polo envellecemento progresivo da poboación, a reflexión é fundamental. Para iso, o doutor Fernando Diz-Lois e os seus colegas, os doutores Fernando de la Iglesia e Emilio Casariego, reexaminan a cuestión desde a súa propia base no encontro entre médico e paciente, mostrándonos como opera a perspectiva médica e confrontándonos coa necesidade dun cambio de modelo.

Cómpre superar unha medicina caracterizada pola distancia entre médico e paciente, a estandarización da atención ao paciente e o uso excesivo da tecnoloxía e das terapias farmacolóxicas, co consecuente aumento do gasto e unha crecente ruptura no apoio á persoa enferma. Unha nova medicina debe partir de quen sofre a dor da enfermidade: o ser humano, e polo tanto, a cura só se pode atopar a través do encontro con outro ser humano: o médico atento.Fernando Diz-Lois, internista emérito do Sergas é quen articula a película expoñendo catro casos. Fernando de la Iglesia, internista no Chuac, e Emilio Casariego, xefe de Medicina Interna do Hula, engaden as súas experiencias e comentan o vínculo entre o médico e o paciente. A película é un produto audiovisual antagónico da serie House, conta o contrario.

Ficha técnica

Realizador/director: Raúl Veiga. Guión: Raúl Veiga. Co-guionista: Fernando Diz-Lois. Elenco: Xosé Barato, Covadonga Berdiñas, Emilio Casariego, Fernando de la Iglesia, Fernando Diz-Lois, Mónica García, Chete Lara, Víctor Mosqueira, Isabel Naveira, Pilar Pereira, Gonzalo Uriarte. Produtor: Manuel Castelao Mexuto. Produtor executivo: Guillermo Represa. Compositora: Zeltia Montes. Director de fotografía: Juan Carlos Gómez. Deseñadora de vestiario: Ana López Duración: 61´. Estudio: Producións Fenda. Son: Carlos Mouriño. Mesturas: DRAX Audio. Estrea: 2015. Edición: DVD-vídeo, 2015, AGADIC Servizo Galego de Saúde. Edición conmemorativa do XXV Aniversario do SERGAS.

Notas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Documentais galegos