WESTPAC 1 (Western Pacific Laser Tracking Network 1), coñecido previamente como WPLTN 1, é un satélite artificial conxunto de Rusia e Australia lanzada o 10 de xullo de 1998 mediante un foguete Zenit-2 desde o cosmódromo de Baikonur para facer medicións xeodésicas.

Características WESTPAC 1, similar en deseño a GFZ-1, tiña a finalidade de ser un obxectivo óptimo para a Rede de Seguimento por Láser do Pacífico Oeste (WPLTN, Western Pacific Laser Tracking Network''). O satélite está cuberto de retrorreflectores de deseño ruso de tal xeito que so un retrorreflector pode devolver o sinal desde terra cada vez, cunha media de 0,7 retrorreflectores contribuíndo ao sinal reflectido, o que significa que o sinal enviado desde terra aumenta e diminúe segundo o satélite se move. Está optimizado para unha lonxitude de onda de 1,54 μm e o seu centro de masas está situado cunha precisión de 0,5 mm.

Notas

Véxase tamén Outros artigos GFZ-1 Zenit-2

Categoría:Satélites artificiais