Daniel "Dani" Vidal Martínez, nado en Portomarín o 16 de maio de 2000, é un futbolista galego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Rayo Majadahonda da Segunda Federación.
Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. En 2019 foi promovido ao Polvorín Fútbol Club da Terceira División. O 25 de agosto dese ano debutou como titular nunha derrota por 0-1 ante o Arousa. O 13 de setembro de 2020 estreouse co primeiro equipo nun partido de Segunda División ante o Club de Fútbol Fuenlabrada, no que foi substituto de Manu Barreiro.
O 5 de xaneiro de 2022, Dani Vidal foi cedido ao Coruxo Club de Fútbol para o resto da súa tempada na Segunda División RFEF. En xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo club vigués. Reincorporouse ao Lugo no verán de 2024 e asinou contrato por unha tempada. Sumou 32 participacións nesa campaña e foi unha peza importante para a permanencia do club lucense na Primeira Federación. O 28 de xullo de 2025 fichou polo Rayo Majadahonda da Segunda Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Dani Vidal en fichajes.com
Categoría:Nados en 200 Categoría:Nados en Portomarín Categoría:Futbolistas de Portomarín Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda