Manuel Torres Núñez, coñecido como Manu Torres, nado en Monforte de Lemos o 30 de outubro de 1975, é un adestrador de fútbol galego, que dende 2026 adestra o Eastern SC, da Premier League de Hong Kong.

Traxectoria Despois de adestrar durante 15 anos nas categorías inferiores do Villarreal, en xaneiro de 2021 incorporouse ao Andorra como axudante do novo técnico Eder Sarabia. Co equipo presidido por Gerard Piqué conseguiu o ascenso á Segunda División en 2022. En 2023 puxo rumbo ao Salvador, onde actuou como asistente de Rubén de la Barrera á fronte da selección nacional do país, ademais de adestrar el mesmo a selección sub-20. Pouco despois regresou xunto ao coruñés á Península Ibérica, onde ambos adestraron o Vizela, da Primeira Liga de Portugal.

En xaneiro de 2026 foi anunciado como novo adestrador do Eastern SC, da Premier League de Hong Kong, onde substituíu no cargo ao tamén galego Roberto Losada, quen colleu á súa vez as rendas da selección hongkonesa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en Transfermarkt .

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Eastern Sports Club