A Internacional Socialista (IS) é unha organización política internacional que agrupa partidos políticos socialdemócratas, laboristas e progresistas. Fundada en 1951, ten o seu precedente na Internacional Obreira e Socialista que, dende 1919, agrupaba ao sector reformista da antiga Segunda Internacional.

Dende o seu XXVI Congreso celebrado en Madrid en 2022 o está presidida por Pedro Sánchez Castejón do PSOE, con Chantal Kambiwa da Fronte Socialdemócrata de Camerún como coordinadora xeral.

A organización mantén lazos coa Internacional Socialista de Mulleres e a Unión Internacional de Xuventudes Socialistas que agrupan ás organizacións femininas e xuvenís dos partidos membros da IS. Así mesmo, mantén relación con organizacións socialistas sectoriais ou rexionais como o Partido Socialista Europeo.

Historia A internacional socialista traza as súas orixes na Segunda Internacional, que agrupaba a partidos socialistas e obreiros de orientación marxista. Co estoupido da Primeira Guerra Mundial a Internacional dividiríase entre un sector reformista partidario de apoiar o esforzo bélico de cadanseu respectivo estado e un sector revolucionario partidario de realizar unha oposición activa á guerra.

Tralo final da guerra, haberá dous procesos de reconstrución da organización internacional do movemento obreiro. Un dende o sector revolucionario que se atopaba liderado polo Partido Bolxevique ruso que formará a Terceira Internacional nun congreso en Moscova en marzo de 1919 e unha dende o sector moderado encabezado polo SPD alemán. Este sector será o que convoque nun congreso en Berna en febreiro do 1919 a refundación da Internacional Socialista. En 1923, a esta refundada Internacional Socialista fusionarase coa Unión de Partidos Socialistas para a Acción Internacional fundada en Viena en 1921 por partidos que, nun comezo, se negaran a integrarse en ningunha das dúas internacionais. Entre estes estaban o USPD alemán, a SIFO francesa, o SPÖ austríaco e o PSOE español. A fusión das internacionais de Berna e Viena formará a Internacional Obreira e Socialista que actuará como foro de encontro internacional dos partidos socialdemócratas e manterá unha clara rivalidade coa Internacional Comunista. O auxe dos fascismos en Europa e Segunda Guerra Mundial interromperá o funcionamento da Internacional Obreira e Socialista ao producirse a ilegalización da maioría dos partidos aos que representaba e o exilio ou morte de boa parte dos seus dirixentes.

Tralo final da Segunda Guerra Mundial, en 1947, voltarán a convocarse unha serie de Conferencias Socialista Internacionais que darán lugar ao congreso fundacional da Internacional Socialista celebrado en Frankfurt entre o 30 de xuño e o 3 de xullo de 1951.

Nun comezo a internacional estaba composta, fundamentalmente, por partidos socialdemócratas de Europa Occidental. A partir da década de 1990, irá ampliando progresivamente a súa composición coa aceptación de diversos partidos de África, Europa do Leste e América Latina. En moitos casos, tamén se uniron antigos partidos comunistas que reformaron a súa ideoloxía tras a caída da URSS.

Partidos Membros

Membros de pleno dereito PaísPartidoAlbaniaPartido Socialista de AlbaniaAlxeriaFronte de Forzas SocialistasAndorraPartido Socialdemócrata de AndorraAngolaMPLAArxentinaUnión Cívica RadicalArmeniaFederación Revolucionaria ArmeniaAzerbaidjánPartido Socialdemócrata de AzerbaidjánBelarúsNarodnaya GramadaBélxicaPartido SocialistaBoliviaUnidade NacionalBosnia e HercegovinaPartido Socialdemócrata de Bosnia e HerzegovinaBrasilPartido Democrático LaboristaBulgariaPartido dos Socialdemócratas Búlgaros

Partido Socialista BúlgaroBurkina FasoMovemento do Poblo polo Progreso, Cabo VerdePartido Africano da Independencia de Cabo VerdeCamerúnFronte de CamerúnChadUnión Nacional para o Desenvolvemento e a RenovaciónChilePartido pola Democracia

Partido Radical

Partido Socialista de ChileColombiaPartido LiberalCosta RicaPartido Liberación NacionalCôte d'IvoireFronte Popular MarfileñaCroaciaPartido SocialdemócrataChipreMovemento de Socialdemócratas

Partido Turco Republicano

Partido SocialdemócrataRepública ChecaPartido Socialdemócrata ChecoRepública Democrática do CongoUnión pola Democracia e o Progreso SocialRepública DominicanaPartido Revolucionario DominicanoEcuadorEsquerda DemocráticaExiptoPartido Socialdemócrata ExipcioFinlandiaPartido Socialdemócrata FinlandésFranciaPartido SocialistaGuinea EcuatorialConverxencia para a Democracia SocialXibraltarPartido Socialista Laborista de XibraltarGhanaCongreso Nacional DemocráticoGreciaPASOKGuineaAsemblea do Pobo de GuineaReino UnidoPartido Socialdemócrata e Laborista de Irlanda do NorteHaitíAsemblea Socialdemócrata para o Progreso de Haití

Unión de Socialdemócratas HaitianosHungríaPartido Socialista HúngaroIndiaCongreso Nacional IndioIránPartido Democrático do Kurdistán de IránIraqUnión Patriótica do KurdistánIsraelOs DemócratasIrlandaPartido LaboristaItaliaPartido Socialista ItalianoXamaicaPartido Nacional do PoboXapónPartido SocialdemócrataKazakhistánPartido Socialdemócrata NacionalKirguizistánSocialdemócratas de KirguizistánKosovoMovemento pola AutodeterminaciónLituaniaPartido Socialdemócrata LituanoLíbanoPartido Socialista ProgresistaMaliPartido Africano pola Solidariedade e a xustiza

Agrupación por MaliMaltaPartido LaboristaMauritaniaReagrupación de Forzas DemocráticasMauricioPartido Laborista de MauricioMacedonia do NorteUnión Socialdemócrata de MacedoniaMoldovaPartido DemocráticoMongoliaPartido do Pobo MongolMontenegroPartido Democrático dos Socialistas de Montenegro

Partido Socialdemócrata de MontenegroMarrocosUnión Socialista de Forzas PopularesMozambiqueFRELIMONamibiaSWAPONepalCongreso NepalíNíxerPartido pola Democracia e o Socialismo de NíxerPaquistánPartido do Pobo PakistaníPalestinaFatahParaguayPartido Democrático ProgresistaPanamáPartido Revolucionario DemocráticoPerúPartido Aprista PeruanoFilipinasPartido Socialdemócrata de FilipinasPortugalPartido SocialistaPorto RicoPartido Independentista PortorriqueñoRomaníaPartido SocialdemócrataSan MarinoPartido de Socialistas e DemócratasSenegalPartido SocialistaSerbiaPartido Socialdemócrata de SerbiaEslovaquiaSMER–SocialdemocraciaSuráfricaCongreso Nacional AfricanoEspañaPartido Socialista Obreiro EspañolTunisiaForo Democrático polo Trabajo e as LiberdadesTurquíaPartido Republicano do PoboUcraínaPartido Socialdemócrata de UcraínaUruguaiEspazo Socialdemócrata AmploVenezuelaAcción DemocráticaUn Novo TempoIemenPartido Socialista Iemení

Membros consultivos PaísPartidoBotswanaPartido Democrático de BotswanaDjiboutiMovemento para a Democracia Renovada e o desenvolvementoEswatiniMovemento Popular Democrático UnidoGabónPartido Gabonés do ProgresoGambiaPartido Democrático UnidoXeorxiaSocialdemócratas para o desenvolvementoGhanaConvention People's PartyGuinea-BissauPAIGCIránPartido Komala do Kurdistán Iraniano,PalestinaFronte de Loita Popular Palestina

Iniciativa Nacional PalestinaRepública Democrática do CongoPartido Unificado LumumbistaSáhara OccidentalFronte PolisarioSan Tomé e PríncipeMovemento para a Liberación de São Tomé e Príncipe-Partido Social DemócrataSiriaPartido da Unión DemocráticaTogoConvención Democrática dos Pobos AfricanosTurquíaPartido da Igualdade e Democracia dos Pobos

Membros observadores PaísPartidosChadPartido polas liberdades e o desenvolvementoEswatiniPartido Democrático SwaziReino UnidoPartido LaboristaKenyaPartido Laborista de KenyaLesothoCongreso para a Democracia de LesothoSomalilandiaPartido Xustiza e BenestarSáhara OccidentalMovemento Saharaui pola PazNicaraguaUnamosCongoPartido Congolés do TraballoMauritaniaEl-IslahLibiaMovemento do Futuro

Notas

Categoría:Socialismo Categoría:Organizacións internacionais