Anthropic PBC é unha empresa estadounidense de intelixencia artificial (IA) fundada en 2021. Anthropic céntrase na investigación e desenvolvemento de sistemas de intelixencia artificial con especial énfase na seguridade, interpretabilidade e control dos modelos avanzados. Desenvolve unha familia de modelos de linguaxe grande (LLM) denominada Claude.
Historia esquerda|miniatura|220x220px|Dario Amodei, cofundador Anthropic foi fundada en 2021 por exmembros de OpenAI, entre eles os irmáns Daniela Amodei e Dario Amodei, que exercen como presidenta e director executivo respectivamente.
En setembro de 2023, Amazon anunciou un investimento de até 4.000 millóns de dólares na empresa. En outubro de 2023 informouse de que Google se comprometía a investir até 2.000 millóns de dólares.esquerda|miniatura|220x220px|Logo do chatbot Claude, de AnthropicEn novembro de 2025 diversos medios especializados situaron a súa valoración nun rango próximo aos 350.000 millóns de dólares após unha rolda de financiamento na que participaron Microsoft e Nvidia.
Controversia sobre uso militar En febreiro de 2026 o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou que as axencias federais deixarían de empregar tecnoloxía de Anthropic tras un desacordo público relacionado co uso militar da IA.
Segundo informacións publicadas por medios internacionais, o conflito produciuse pola negativa da empresa a eliminar determinadas salvagardas destinadas a impedir usos como armas autónomas letais ou sistemas de vixilancia masiva, mentres sectores do Departamento de Defensa solicitaban maior flexibilidade para aplicacións militares.
Outras empresas do sector, como OpenAI nos Estados Unidos ou Mistral AI en Francia, estableceron acordos con autoridades públicas mantendo cláusulas de limitación de uso en sistemas de armamento autónomo.
Notas
Véxase tamén
Claude (chatbot) OpenAI Modelo de linguaxe grande
Categoría:Intelixencia artificial Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América