Adóitase denominar Estatuto Xurídico do Goberno Provisional á norma xurídica suprema, en forma de decreto, pola que se rexeu o Goberno Provisional da Segunda República Española desde a súa promulgación o mesmo día da proclamación da República, o 14 de abril de 1931, ata a aprobación polas Cortes Constituíntes da nova Constitución da República, o 9 de decembro de 1931. O "Decreto fixando o Estatuto xurídico do Goberno", como aparece no sumario do xornal oficial, a Gaceta de Madrid, publicouse o 15 de abril, o día seguinte da súa promulgación.Juliá (2009), p. 30

Contexto histórico Tras proclamar a República, o 14 de abril de 1931, o comité republicano-socialista revolucionario, constituído como Comité Político da República, asinou un decreto que se publicou ao día seguinte na Gaceta de Madrid, anunciando a asunción do poder, adoptando o título de Goberno Provisional da República. Posteriormente, noutro decreto, nomeou presidente do Goberno Provisional a Niceto Alcalá-Zamora, quen tamén asumiría as funcións de Xefe de Estado (función exercida ata o 14 de abril polo rei Afonso XIII). O preámbulo deste último decreto dicía: «O Goberno Provisional da República asumiu o poder sen formalidades e sen ningunha resistencia nin oposición protocolaria; é o pobo quen o elevou ao cargo que ocupa e é el quen, en toda España, lle rende obediencia e o investiu de autoridade». A seguir, Alcalá-Zamora nomeou entón aos membros do comité revolucionario ministros do Goberno Provisional.Juliá (2009), pp. 29-30; 139

Contido O decreto constaba dun preámbulo e 6 artigos. No preámbulo, o Goberno Provisional establécese como un "Goberno con plenos poderes", aínda que, dado que "a situación de 'plenos poderes' non debe implicar un exercicio arbitrario no exercicio do goberno, afirma solemnemente... que somete as súas accións a normas xurídicas". Tamén indicaba que non aparecerían unha carta de dereitos porque isto correspóndelle ás vindeiras Cortes Constituíntes."GOBIERNO PROVISIONAL DE LA REPUBLICA. Decreto" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán) (Madrid) (105): p. 194. 15 de abril de 1931. Consultado o 25 de marzo de 2026.

O artigo 1 establecía que o Goberno Provisional "someterá as súas accións colectivas e individuais ao discernimento e sanción das Cortes Constituíntes —órgano supremo e directo da vontade nacional— cando chegue o momento de cederlles os seus poderes". En cumprimento deste artigo, o 28 de xullo, o Goberno Provisional, a través do seu presidente Alcalá-Zamora, resignou os seus poderes perante as Cortes Constituíntes, as cales, tras un forte debate, o día 30 do mesmo mes, ratificaron a confinaza coa case unanimidade dos partidos (discrepou a esquerda catalá) até que se aprobase a nova constitución.Heerfhardt (2023), p. 20

O artigo 2 anunciaba a intención do Goberno Provisional de "someter inmediatamente, en defensa do interese público, a procedementos de rendición de contas os actos de xestión e autoridade pendentes de exame cando se disolveu o Parlamento en 1923 (referíndose ao proceso iniciado entón para determinar a responsabilidade polo Desastre de Annual), así como os actos posteriores (referíndose ao ocorrido durante a Ditadura de Primo de Rivera)".

O artigo 3 recoñecía a “liberdade de crenza e culto” e o artigo 4 recoñece a “liberdade individual” e os “dereitos cidadáns”, incluídos os relativos á “identidade sindical e corporativa, base da nova lei social”. Non obstante, o artigo 6 establece que o Goberno Provisional, “en virtude das razóns que xustifican a plenitude do seu poder”, pode suspender temporalmente (“suxeito a un réxime de supervisión gobernamental”, di literalmente) os dereitos cidadáns recoñecidos no artigo 4, “e tamén dará conta detallada do seu uso ás Cortes Constituíntes”, xustificándoo co argumento de que o Goberno Provisional “estaría a cometer un verdadeiro delito se abandonase a nacente República a aqueles que, desde poderosas posicións seculares e valéndose dos seus recursos, puidesen dificultar a súa consolidación”.

O artigo 5 recoñecía o dereito á propiedade, aínda que coa advertencia de que «a lei agraria debe responder á función social da terra» como resposta «ao abandono absoluto no que viviu a inmensa masa de campesiños españois, ao desinterese mostrado pola economía agraria do país e á incongruencia da lei que a rexe cos principios que inspiran e deben inspirar a lexislación vixente».Juliá (2009), pp. 30; 140-141

O artigo 6, establecía medidas de protección da República ("poderá someter temporalmente os dereitos do parágrafo cuarto a un réxime de fiscalización gubernativa","GOBIERNO PROVISIONAL DE LA REPUBLICA. Decreto" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán) (Madrid) (105): p. 195. 15 de abril de 1931. Consultado o 25 de marzo de 2026. informando ás Cortes) fronte a aqueles que se opoñían a ela, ben fose pola dereita ou pola esquerda.Maura (2007), p. 282

Valoración miniatura|Miguel Maura, ministro da Gobernación do Goberno Provisional, en 1931. O Estatuto Xurídico amosaba as intencións do goberno provisional que consistían en ofrecer un código legal ao goberno provisional do novo réxime que servise de ponte até que unhas Cortes Constituíntes elaborasen unha constitución democrática. Igualmente, garantía o respecto aos dereitos civís, a defensa da propiedade privada, o dereito sindical etc.González Calleja, Cobo Romero, Martínez Rus e Sánchez Pérez (2025), p. 80 Finalmente, declaraba o compromiso do goberno provisional do recoñecemento do papel fiscalizador dunhas futuras Cortes contituíntes, marcando o camiño a seguir na vindeira constitución.González Calleja, Cobo Romero, Martínez Rus e Sánchez Pérez (2025), p. 81

O aspecto máis controvertido do «Estatuto xurídico» é a contradición observada na cuestión das liberdades e dereitos civís, xa que o seu recoñecemento vai acompañado da posibilidade da súa suspensión polo goberno, sen intervención xudicial, «se a saúde da República, a xuízo do Goberno, así o require».Juliá (2009), p. 30 Así, «o goberno republicano non vai establecer un réxime de liberdade xeral, como demostra o estudo das vicisitudes do dereito de reunión para as diferentes opcións políticas [...]. Os grupos conservadores de inclinación monárquica e os sectores da esquerda, como anarquistas e comunistas, van ter serios obstáculos para exercelo».Ballbé (1983), p. 318 As súas reunións en locais pechados serán toleradas, e non sempre, pero o seu exercicio estará prohibido en lugares públicos. Por exemplo, unha manifestación que se formou despois dunha reunión celebrada polo Partido Comunista de España, o 1 de maio en San Sebastián, foi dispersada pola forza pola policía, o que provocou numerosos feridos.Ballbé (1983), pp. 318-319.

Aínda máis significativos en canto a como o novo goberno abordaría a orde pública e a liberdade de prensa foron os acontecementos que rodearon os incidentes en San Sebastián o 28 de maio. Ese día, os folguistas de Pasaxes que viaxaban a San Sebastián foron bloqueados pola Garda Civil na ponte de Miracruz. Cando se negaron a dispersarse, a Garda Civil abriu fogo, matando oito persoas e ferindo a máis de cincuenta. Dada a magnitude do acontecemento, o ministro de Gobernación, Miguel Maura, reuniu a todos os directores dos xornais para lembrarlles "que estaban ante un ministro que tiña plenas competencias en materia de orde pública" (dúas semanas antes xa decretara a suspensión temporal do xornal monárquico ABC e do xornal católico El Debate, tras os feitos coñecidos como a queima de conventos) e logo rogoulles que

En todo caso, Miguel Maura nas súas memorias indicou que os artigos relevantes eran o 3º e o 5º en canto salvagardaban a liberdade de conciencia para os católicos coma el e Alcalá-Zamora, e o dereito de propiedade. Calquera modificación debería realizarse a través das Cortes. Mais tamén cabe entender que a "plena conciencia individual mediante a liberdade de cultos e crenza", xunto co respecto aos católicos, tamén supoñía dar pasos cara á futura aconfesionalidade do estado ao garantir tódolos cultos sen preferencia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:1931 Categoría:Segunda República Española Categoría:Política de España Categoría:Leis de España derrogadas