Carlos Torrado Oubiña, nado en Vilanova de Arousa o 9 de abril de 1999, é un futbolista galego que ocupa a posición de lateral dereito. Na tempada 2025/26 xoga no Arousa da Terceira Federación.
Traxectoria Arousa Torrado formouse nas categorías inferiores do Arousa. En 2017, sendo aínda xogador xuvenil, participou en adestramentos e convocatorias co primeiro equipo. Na tempada 2018/19 foi promovido definitivamente ao Arousa da Terceira División.
Coruxo O 18 de xuño de 2019 fíxose oficial a incorporación de Torrado ao Coruxo Fútbol Club da Segunda División B.
Lugo En xaneiro de 2021 fichou polo Club Deportivo Lugo e foi asignado inicialmente ao Polvorín Fútbol Club. O debut de Torrado co primeiro equipo tivo lugar o 9 de decembro de 2021, cando participou nunha vitoria do Lugo contra a Agrupación Deportiva Unión Adarve na Copa do Rei 2021/22.
Cesión ao Racing Vilalbés O 26 de xaneiro de 2024 anunciouse a cesión de Torrado ao Racing Vilalbés para o resto da tempada.
Segunda etapa no Arousa O 2 de xullo de 2024 confirmouse o regreso de Carlos Torrado ao Arousa da Terceira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Torrado en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Arosa SC Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés