Joan Tronto, nada en Minnesota o 29 de xuño de 1952, é unha teórica política feminista estadounidense que axudou a desenvolver e a asentar as bases políticas do coidado. A súa obra máis importante está centrada na ética do coidado e na súa relación coa política e a democracia.
Traxectoria
Tronto desenvolveu unha teoría do coidado que amplía a visión tradicional da ética ao incluír dimensións políticas e sociais. A súa obra máis influente, Moral Boundaries: A Political Argument for an Ethic of Care (1993), argumenta que o coidado é unha práctica esencial que debe ser valorada e distribuída equitativamente na sociedade. Na súa análise, destaca a exclusión histórica do coidado como unha actividade privada e feminizada, avogando polo seu recoñecemento como unha responsabilidade pública.
Tronto identificou catro fases esenciais do coidado:
Caring about: Recoñecer a necesidade de coidados. Taking care of: Asumir a responsabilidade de proveelo. Care-giving: A acción de brindar coidado directamente. Care-receiving: A respuesta de quen recibe o coidado.
Posteriormente, engadiu unha quinta fase: 5. Caring with: A necesidade de que o coidado estea baseado en principios de xustiza e democracia.
Obra
1993 – Moral boundaries: A political argument for an ethic of care. 2013 – Caring democracy: Markets, equality, and justice. 2015 – Who cares?: How to reshape a democratic politics.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Princeton Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1952 Categoría:Profesores da Universidade de Minnesota