Os yawalapiti (tamén escrito jaulapiti, yaulapiti ou yawalapití) son un pobo indíxena na Conca Amazónica do Brasil."Yawalapiti." Ethnologue. Consultado o 4 de febreiro de 2012. O nome tamén se escribe iaualapiti en portugués. O actual pobo yawalapiti habita entre o río Tuatuari e o río Kuluene. A súa poboación en 2011 foi de 156 persoas,"Yawalapiti: Introduction." Povos Indígenas no Brasil. Consultado o 4 de febreiro de 2012. por baixo dunha poboación en 2010 de 237, pero por enriba dun mínimo de 25 en 1954.
Os yawalapiti viven no Parque Indíxena Xingu, na rexión do Alto Xingu xunto con outros pobos como os kiabi, yudja e suya. Os xeitos de vida destas catro tribos son bastante semellantes a pesar de ter linguas diferentes. As súas aldeas están situadas arredor do lago Ipavu, que está a seis quilómetros do río Kuluene.
Historia O primeiro contacto histórico entre os yawalapiti e os europeos tivo lugar en 1887, cando recibiran a visita da expedición de Karl von den Steinen. Neste período, estaban situados no curso alto do río Tuatuari, nunha rexión entre lagoas e atolladeiras identificada polos yawalapiti como unha pequena granxa. A impresión que o antropólogo alemán tiña deste pobo era a da pobreza, un pobo que non tiña comida suficiente para ofrecer aos visitantes.
Rituais tradicionais O ritual do quarup ou kuarup realízase para honrar os membros falecidos da tribo. Celébrase xunto coas tribos veciñas.
Lingua A lingua yawalapiti é unha lingua paresí-waurá, parte da familia maipureana das linguas arauacas. O yawalapiti está relacionado coas linguas waurá e mehinaku.
Descrición das vilas Típica das tribos do Alto Xingu, a aldea dos yawalapiti é circular con casas comunais que rodean unha praza (uikúka) limpa de vexetación. No centro da praza atópase a casa dos homes, frecuentada só por homes, onde se gardan e tocan as frautas sagradas. É nesta casa, ou nas beiras dos ríos próximos, onde os homes se congregan para falar no crepúsculo e pintarse para as cerimonias.
A casa dos homes é semellante ás casas residenciais. Só ten unha ou dúas portas, sempre máis pequenas ca as das residencias, que dan á praza central. As frautas están colgadas nas vigas e durante o día só se poden tocar no interior da casa; pola noite (despois de que as mulleres se retiren) os homes poden tocar as frautas no patio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Pobo yawalapiti Categoría:Pobos indíxenas do Brasil