miniatura|A cidade de Ansan a vista de paxaro. Ansan (en coreano 안산) é unha cidade de Corea do Sur, situada na provincia de Gyeonggi, dentro da área metropolitana de Seúl, na costa do Mar Amarelo.
Demografía A súa poboación era de aproximadamente 715.000 habitantes en 2019 (670.000 en 2005 e 510.000 en 1995).
Ensino A cidade alberga o campus ERICA da Universidade de Hanyang e a Xunta de Seguridade no Transporte de Corea. Tamén teñen unha English Village para a inmersión lingüística en lingua inglesa.
Transporte Ansan está conectada con Seúl pola liña 4 do metro de Seúl.
Historia Ansan-si é unha extensión da entidade urbana Ansan-hyeon. A cidade foi creada en 1986, 10 anos despois do lanzamento deste plan.
Xeografía Situación:
Norte - 37° 22' 25" NL Sur - 37° 04' 39" SL Leste - 126° 56' 29" E. Oeste - 126° 31' 45" E.
No triángulo Seúl - Incheon - Suwon, Ansan está situada no medio da liña Incheon-Suwon (a uns quince quilómetros destas dúas cidades e a uns corenta de Seúl, moi preto do Mar Amarelo, no noroeste do país). Ansan está conectada coa capital pola liña 4 do metro.
Varias illas no mar están suxeitas á súa xurisdición, sendo a maior Daebu.
Cultura
Festival Cultural Seong Ho (en homenaxe ao erudito Seongho Yi-Ik). Fortaleza de Byolmangsung O Festival de Artes de Danwon, chamado así na honra do pintor Danwon, orixinario desta cidade.
Administración En 1997, o goberno lanzou o proxecto Gyeonggi Techno Park para atraer empresas innovadoras ao territorio de Ansan, pero a competencia é feroz.
O Instituto Coreano de Ciencia e Tecnoloxía Oceánica ten un centro de investigación en Ansan para estudar a biodiversidade e os fondos mariños do Mar Amarelo.
Notas
Véxase tamén
Le site de la ville : http://www.iansan.net Le site du Gouvernement de la province de Gyeonggi-do : http://english.gg.go.kr Le site du Gyeonggi Techno Park (경기 테크노파크) : http://www.antp.org https://kosis.kr/eng/statisticsList/statisticsListIndex.do?menuId=M_01_01&vwcd=MT_ETITLE&parmTabId=M_01_01&statId=1962001&themaId=#SelectStatsBoxDiv
Categoría:Cidades de Corea do Sur