Luis Iglesias Grande, nado o 5 de outubro de 1913 en Currás, Santa Comba de Gargantóns, no concello de San Cibrao das Viñas, foi un exiliado galego deportado aos campos de concentración nazis.

TRAXECTORIA Antes de fuxir cara Francia viviu en Madrid e Barcelona. miniatura|Ficha de Luis Iglesias en Mauthausen En Francia pertenceu á Compañía de Traballadores Estranxeiros número 5, formada o 30 de abril de 1939.

Apresado polo exército alemán o 4 de xuño de 1940 en Dunkerque. Internado nos stalags (campos de prisioneiros de guerra) VIII C, en Zagan (Polonia) e XII D, en Tréveris, ingresou en Mauthausen o 25 de xaneiro de 1941, coa matrícula 3762.

No campo foi rexistrado como católico, solteiro e, de profesión, carpinteiro, como seu pai, aínda que nalgún outro documento clasifícase como barbeiro. Entrou en Gusen o 12 de agosto de 1943, co número 33330.

Foi liberado polo exército de Estados Unidos, en maio de 1945, e repatriado a Francia, ao hotel Lutetia de París, o 26 de xuño do mesmo ano. miniatura|Recoñecemento como deportado de Luis Iglesias En maio de 1955 foi recoñecido como deportado político polo Goberno francés, cando vivía en Alfortville (Val do Marne), nos suburbios de París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide.

Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies. Wachsmann, Nikolaus (2015). Historia de los campos de concentración nazis. Barcelona. Crítica.

Categoría:Nados en San Cibrao das Viñas

Categoría:Nados en 1913 Categoría:Galegos sobreviventes dos campos de concentración nazis Categoría:Membros galegos da Resistencia francesa