Eugene Louis D'Souza, M.S.F.S., nado o 15 de novembro de 1917 en Nagpur (Imperio Británico) e finado o 18 de marzo de 2003, foi un relixioso católico latino indio, arcebispo de Bhopal entre 1963 e 1994. Traxectoria Naceu o 15 de novembro de 1917 en Nagpur (hoxe no estado de Maharashtra). Ingresou nos Misioneiros de San Francisco de Sales e o 29 de setembro de 1944 foi ordenado sacerdote.
O 12 de xullo de 1951 foi nomeado bispo de Nagpur. Recibiu a consagración episcopal o 3 de outubro do mesmo ano, de mans do internuncio apostólico e arcebispo Leo Peter Kierkels, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Visakhapatnam Joseph-Alphonse Baud e ao bispo de Poona Andrew Alexis D'Souza. Cando a sé foi elevada ao rango de arquidiocese, o 19 de setembro de 1953, foi nomeado arcebispo.
O 13 de setembro de 1963 foi nomeado arcebispo de Bhopal. Participou nas catro sesións do Concilio Vaticano Segundo. Retirouse o 20 de maio de 1994.
Finou o 18 de marzo de 2003.
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en Maharashtra Categoría:Finados en 2003 Categoría:Relixiosos católicos da India Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos da India