Naga (do sánscrito: नाग, nāga) é unha palabra sánscrita e pali que designa un grupo de deidades na mitoloxía hindú e budista. Normalmente adoptan a forma dunha enorme cobra real, cunha ou máis cabezas.
Na gran épica hindú Mahabharata, os nagas tenden a ser retratados como seres negativos, perseguidos por Garuda, o home paxaro, ou como vítimas dignas de sacrificio aos deuses serpente.miniatura|Esculturas de nagas na fronteira entre Tailandia e Camboxa.|esquerdaO termo naga adoita ser ambiguo, xa que tamén pode referirse, en certos contextos, a unha das varias tribos humanas ou grupos étnicos coñecidos como nāga, e a certos tipos de elefantes e serpes.
Unha femia Naga é un nagi ou nagini.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Tailandia Categoría:Deuses fluviais Categoría:Dragóns Categoría:Deidades do hinduísmo