O termo bifurcación (do latín bifurcus, acción de separar algo en varias partes) pode referirse a:

Lóxica e matemáticas

á teoría das bifurcacións, que estuda os cambios na estrutura cualitativa ou topolóxica dunha determinada familia; á falacia de bifurcación, outra maneira de chamar á falacia de falso dilema

Informática

a unha bifurcación, a acción de crear un proxecto nunha dirección diferente a un proxecto xa existente, levando o código que deixa momentaneamente de facer un proceso para iniciar outro até que este se complete e despois seguir no anterior; no contexto dun protocolo blockchain, a unha bifurcación, un cambio nas regras de consenso que pode levar a múltiples eventos de diversa natureza; a unha bifurcación, unha chamada ao sistema que crea unha copia dun proceso.

Xeografía

a unha bifurcación, aplicado especialmente a ríos e estradas.