Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2021 tiña 7.482 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

Poboación

Censo Total (Habitantes) 7.482 (2021) Menores de 15 anos 1.180 (15,77 %) Entre 15 e 64 anos 4.926 (65.84 %) Maiores de 64 anos 1.376 (18.39 %)

Xeografía Soutomaior localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado até unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.

O clima é oceánico, húmido na costa e de montaña no interior. Chove bastante (1.500 mm.), se ben non ventea demasiado, co que a temperatura media no verán non supera os 20 °C e a do inverno non baixa dos 10 °C.

Economía Aínda que mantén un carácter rural, a proximidade de Vigo provoca que o sector primario roce só o 10 % da poboación activa e diminúa rapidamente. Do mar extráense ameixas, berberechos e ostras.

Tamén diminúe o sector secundario (35 % da poboación), que mostra dependencia de desprazamentos diarios a Pontevedra e Vigo. A metade da poboación dedicada ao sector terciario faino no comercio retallista, empresas de transportes e restaurantes.

Historia A historia do territorio durante a Idade Media xira en volta do castelo de Soutomaior e da familia que o fundou, especialmente Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), que se enfrontou aos irmandiños e loitou na guerra dinástica que precedeu o reinado dos Reis Católicos.

Patrimonio O castelo de Soutomaior, no monte Viso, foi construído no século XII e transformouse no XV nunha fortaleza medieval parcialmente destruída durante a revolta irmandiña.

No monte da Peneda houbo un castro, do que se conservan restos de tres vivendas e a muralla. Na idade media construíuse alí a fortaleza de Castrizán, derrubada en 1478 durante a Gran Guerra Irmandiña. Posteriormente construíuse o santuario da Virxe das Neves, tamén chamada capela da Peneda. Nela celébranse dúas romarías anuais: o luns de pascua e o 5 de agosto.

En Aranza atópase o santuario da Virxe da Pena de Francia, construído en 1788.

A igrexa de Santiago de Arcade é románica e conserva unha interesante portada e capiteis. Na parroquia de Arcade hai 8 cruceiros (adro parroquial, O Calvario, rúa Leiras, rúa Valmonte, Negueirós, rúa do Calacual, capela da Peneda e Cimadevila) e 2 petos de ánimas (A Cacharela e A Devesa)Fernández de la Cigoña Núñez, E.: Cruces, cruceiros e petos do concello de Soutomaior. AGCE, 2007.

Na parroquia de Soutomaior hai 6 cruceiros (adro, cemiterio, As Laxes, Moreira, santuario da Virxe da Pena de Francia e Cortellas), 7 cruces, un peto de ánimas e un esmoleiro.

.

Galería de imaxes

Parroquias

Lugares de Soutomaior Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Soutomaior vexa: Lugares de Soutomaior.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Soutomaior