Lana Corujo, nada en Lanzarote en 1995, é unha escritora e ilustradora canaria.
Traxectoria Formouse en Ilustración e Dirección de Arte na Escola de Arte 10 en Madrid e traballou en axencias de publicidade durante varios anos en Madrid. Sempre dixo que mira coas mans, porque é mediante a escritura e o debuxo onde atopa a súa linguaxe. En 2021 volveu a Lanzarote onde traballa como autónoma. Cofundu La Carmensita Editorial que estivo en activo desde 2019 a 2022 publicando novas voces emerxentes dentro do panorama poético español.
Como escritora, forma parte da antoloxía Diarios del encierro, unha recompilación de relatos escritos durante o confinamento publicada en 2020 por Índigo Editoras. En 2021, publicou o seu primeiro poemario, Ropavieja (Ed. Dezaseis) co que foiseleccionada polo Ministerio de Cultura para participar na Feira do Libro de Frankfurt en 2022 e en 2022 nueve dos ocho (Fundación Mapfre Guanarteme). Actualmente, traballa desde Lanzarote e compaxina a súa creación artística coa xestión cultural, coordinando e levando á fronte festivais como o Encuentro de Literatura Verbena.
Foi bolseira nos Centros de Arte, Cultura e Turismo de Lanzarote para unha residencia artística coa Fundación ACE en Buenos Aires en 2023. Como artista expuxo na Madrid Design Week ou no Museo de Arte Contemporánea de Lanzarote, coa mostra «El Traspatio» (2022), e participou noutras como «Duelos» (2023), «Categórico Retrato» (2021). Comisariou as exposicioóns «Tayó: Jugando entre líneas» e «Calima Purpurina», de Marina Speer, as dúas en El Almacén, un centro cultural de Lanzarote.
Obras
Poesía Ropavieja (2021). Editorial Dieciséis. 90 páxs. ISBN 9788412369137. nueve dos ocho (2022). Canarias en Letras, Fundación Mapfre Guanarteme. 90 páxs. ISBN 978-84-17725-26-6. Publicado con Escribir?, de Aida González Déniz.
Novela Han cantado bingo (2025). Reservoir Books. 184 páxs. ISBN 9788410352018.
Obra colectiva
Diarios del encierro (2020). Índigo Editora.
Premios
Han cantado bingo recibiu o Premio Javier Morote á autora revelación, o Premio Librería de Mujeres 2025 e o Premio Azagal 2026 de literatura xuvenil.
Notas
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Lanzarote Categoría:Escritores en lingua castelá