Luciano Hang, nado o 11 de outubro de 1962, é un empresario multimillonario brasileiro, cofundador da cadea de grandes almacéns Havan, da cal posúe case a totalidade. Bloomberg LP cualificouno de «evanxelista do libre mercado e posiblemente o propulsor empresarial máis apaixonado de Jair Bolsonaro».
Riqueza e vida privada miniatura|Luciano Hang e Jair Bolsonaro durante unha emisión en directo nas redes sociais. En xuño de 2019, Havan tiña 126 tendas en 17 dos 26 estados do país. Tamén posúe centrais hidroeléctricas, gasolineiras, unha inmobiliaria e un fondo de investimento. En 2025, Havan tiña 192 tendas.
Está casado con Andrea Benvenutti e xuntos teñen tres fillos. Viven en Brusque, Santa Catarina, Brasil.
Traxectoria política Hang foi membro do Movemento Democrático Brasileiro (MDB) entre 1985 e 2018, cando solicitou súa desligación.
Anticomunismo En 2019, na inauguración dunha das súas tendas en Santa Maria, Río Grande do Sur, Luciano Hang afirmou que as universidades federais brasileiras «producen zombis e comunistas». O reitor da Universidade Federal de Santa María (UFSM), Paulo Burmann, emitiu un comunicado refutando as afirmacións de Luciano Hang. Esta foi a segunda vez que Luciano Hang acusou á universidade de ter métodos de ensino ideolóxicos.
Financiamento de actos antidemocráticos O 23 de agosto de 2022, por orde do Supremo Tribunal Federal, a Policía Federal emitiu unha orde de busca e detención contra Luciano Hang, implicado nun intento de preparar un golpe de estado a favor de Jair Bolsonaro. O xulgado ordenou a conxelación dos seus bens, as súas contas nas redes sociais e o acceso ás súas contas financeiras. O empresario alegou persecución e un ataque á súa liberdade de expresión na súa defensa; tamén afirmou: «fun vítima da irresponsabilidade dun xornalismo superficial, frívolo e partidista, que por desgraza está presente nas redaccións de todo o Brasil».
Abuso de poder nas eleccións de 2020 O 4 de maio de 2023, Luciano Hang foi declarado inelexible durante oito anos polo Tribunal Superior Electoral (TSE) por abuso de poder económico nas eleccións de 2020. O alcalde de Brusque, Ari Vequi (MDB), e o tenente de alcalde, Gilmar Dorner, viron revogados os seus mandatos polo mesmo delito.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados no estado de Santa Catarina Categoría:Brasileiros de ascendencia alemá Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Anticomunistas Categoría:Millonarios