Shindisi (en xeorxiano: შინდისი) é un filme dramático xeorxiano de 2019 dirixido por Dito Tsintsadze. Foi proxectado no Festival Internacional de Cinema de Shanghai de 2019. Foi seleccionado como a candidatura de Xeorxia ao Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar, mais finalmente non foi nomeado. Gañou o Gran Premio no 35.º Festival Internacional de Cinema de Varsovia en 2019.

Argumento

Baseado na historia real dos habitantes de Shindisi que se implicaron en salvar soldados xeorxianos feridos, emboscados por tropas rusas malia un alto o fogo durante a guerra ruso-xeorxiana.

Elenco Dato Bakhtadze Goga Pipinashvili

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar Filmes de Xeorxia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes de Xeorxia Categoría:Filmes dramáticos Categoría:Filmes en lingua xeorxiana Categoría:Filmes en lingua rusa