O babuíno anubis (Papio anubis) é un membro da familia Cercopithecidae (monos do Vello Mundo). A especie é a máis estendida de todas as especies de babuíno: atópase en vinte e cinco países de África, estendéndose desde o sur de Malí até Etiopía e Tanzania. Tamén se atopan poboacións illadas nalgunhas das montañas das rexións do Sáhara. Esta especie habita sabanas, estepas e bosques.

Características físicas O babuíno Anubis recibe o seu nome pola súa semellanza co antigo deus exipcio Anubis, que a miúdo se representaba cunha cabeza de can ou de mono moi semellante á cara do babuíno. De preto, ten múltiples coloracións, debido aos aneis marrón-amarelos e negros na súa pelaxe. De lonxe, parece ter unha coloración agrisada.Groves, C. (2001). Primate Taxonomy. Washington DC: Smithsonian Institute Press. ISBN 1-56098-872-X.

Os machos teñen melena e son máis grandes e pesados que as femias. De media, os machos miden setenta centímetros de altura e pesan arredor de 24 quilogramos; as femias, pola contra, son máis baixas, medindo uns sesenta centímetros e pesando cerca de 15 quilogramos.

Estudos sobre a estrutura social Entre os estudos máis coñecidos sobre os babuínos Anubis están os de Robert M. Sapolsky, que relacionaron o rango social e a inestabilidade xerárquica cos niveis de cortisol e outros indicadores fisiolóxicos do estrés,R. M. Sapolsky, "Cortisol concentrations and the social significance of rank instability among wild baboons", Psychoneuroendocrinology, 1992, PMID 1287688. e o de Sapolsky e Lisa Share sobre a aparición e transmisión dun comportamento social máis pacífico nun grupo salvaxe.R. M. Sapolsky; L. J. Share, "A pacific culture among wild baboons: its emergence and transmission", PLoS Biology, 2004, PMID 15094808. Un estudo recente tamén asociou o apoio social e o estilo de afrontamento coa variación nos glicocorticoides en Papio anubis.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Mamíferos de Uganda Categoría:Mamíferos de Tanzania Categoría:Mamíferos do Sudán do Sur Categoría:Mamíferos do Sudán Categoría:Mamíferos de Somalia Categoría:Mamíferos de Ruanda Categoría:Mamíferos de Nixeria Categoría:Mamíferos de Níxer Categoría:Mamíferos de Malí Categoría:Mamíferos de Kenya Categoría:Mamíferos de Etiopía Categoría:Mamíferos de Eritrea Categoría:Mamíferos da República Democrática do Congo Categoría:Mamíferos da República do Congo Categoría:Mamíferos do Chad Categoría:Mamíferos da República Centroafricana Categoría:Mamíferos do Camerún Categoría:Cercopithecinae