John Henry Gurney, nado o 4 de xullo de 1819, finado o 20 de abril de 1890, foi un banqueiro inglés, ornitólogo amador e político e parlamentario do Parido Liberal da familia Gurney.

Vida

Gurney era o único fillo de Joseph John Gurney de Earlham Hall, Norwich, Norfolk. Aos dez anos enviárono a un titor privado en Leytonstone preto de Epping Forest, onde coñeceu a Henry Doubleday, e comezou a súa primeira colección de historia natural. De alí trasladouse á Friends' School de Tottenham, e coñeceu a William Yarrell. Aos dezasete anos incorporouse aos negocios bancarios da familia en Norwich.

Gurney publicou varios artigos na revista The Zoologist sobre as aves de Norfolk, como por exemplo 'An Account of the Birds of Norfolk', con W.R. Fisher (1846-1848). Gurney tamén comezou unha colección de aves de presa. En 1864 publicou a Parte I do seu Descriptive Catalogue destas coleccións, e en 1872 editou The Birds of Damara Land (Damaraland, África do Suroeste) a partir de notas do seu amigo Charles John Andersson.

Entre 1875 e 1882 escribiu unha serie de notas na revista The Ibis sobre o primeiro volume do Catalogue of Birds in the British Museum, e en 1884 publicou List of Diurnal Birds of Prey, with References and Annotations. Os arquivos do Museo de Zooloxía da Universidade de Cambridge conteñen cinco volumes de correspondencia entre Alfred Newton e Gurney, quen foi membro fundador do Norfolk Naturalists Trust.

Durante os últimos vinte anos da súa vida residiu na casa familiar en Northrepps, preto de Cromer.

O seu fillo John Henry Gurney Jr. foi tamén ornitólogo, e o seu tataraneto, Henry Richard Gurney de Heggatt Hall continuou tamén con esta tradición da súa familia.

A raza surafricana do mergullón de pescozo negro, Podiceps nigricollis gurneyi, nomeouna no seu honor e no de seu fillo o zoólogo surafricano e autor Austin Roberts en 1919.

Carreira política Foi elixido sen opoñente Membro do Parlamento (MP) na circunscrición de King's Lynn nunha elección parcial en 1854, e foi reelixido tamén sen opoñente en 1857 e 1859. Abandonou a Cámara dos Comúns nas eleccións xerais de 1865.See also:

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Hansard 1803–2005: contribucións no Parlamento británico de John Henry Gurney

Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1890 Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Banqueiros Categoría:Políticos do Reino Unido