Passer flaveolus é unha especie de ave paseriforme da familia Passeridae nativa de Indochina.

Descrición miniatura|190px|esquerda Mide uns 14 centímetros de lonxitude. As aves adultas teñen a plumaxe de cor marrón e marrón escuro na parte superior e amarelado na parte inferior. Os machos teñen unha mancha negra baixo a gorxa e unha liña ocular da mesma cor, a parte superior da cabeza é de cor gris pardenta. O peteiro é de cor gris brillante e as patas son negras.

Distribución Distribúese por Camboxa, Laos, península de Malaca, Myanmar, Tailandia e Vietnam.

Comportamento e reprodución Son aves sinantrópicas, que se poden encontrar en xardíns e plantacións. Aliméntanse principalmente de sementes de varias plantas.

A femia pon de tres a sete ovos nun niño esférico construído con gramíneas. O período de incubación é de 15 a 24 días. As crías son altriciais e son alimentadas por ambos os pais.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Sons e mapa de distribución de Passer flaveolus en Xeno-canto.

Categoría:Paséridos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1844 Categoría:Taxons descritos por Edward Blyth