Sidney Dillon Ripley II, nado o 20 de setembro de 1913 e finado o 12 de marzo de 2001, foi un ornitólogo e conservacionista da vida silvestre estadounidense. Foi secretario da Smithsonian Institution por 20 anos, desde 1964 a 1984, levando a institución ao seu período de maior crecemento e expansión. Pola súa dirección do Smithsonian, foi premiado coa Medalla Presidencial da Liberdade por Ronald Reagan en 1985.

Biografía

Primeira parte da vida Ripley naceu na cidade de Nova York, despois de que o seu irmán, Louis, nacera en 1906 en Litchfield, Connecticut. Súa nai foi Constance Baillie Rose de descendencia escocesa e seu pai foi Louis Arthur Dillon Ripley, un axente inmobiliario rico. Stone (2017):1-5. Non se debe confundir co seu parente Sidney Dillon Ripley I, un magnate da Idade Dourada.

Ripley empezou a estudar na Montessori Kindergarten School da Avenida Madison. Cando era rapaz, viaxou moito, especialmente á Columbia Británica onde vivían parentes da súa nai. En abril de 1918, a súa nai, que se separara do seu pai, mudouse a Cambridge, Massachusetts. En 1919 a familia mudouse outra vez a Boston, onde el estudou nunha escola chamada Rivers. Cando tiña dez anos, viaxou outra vez coa súa nai por Europa. En 1924 Ripley estudou nun internado chamado Fay School en Southborough, Massachusetts.

En 1926 seguiu os pasos do seu irmán Louis, e estudou na St. Paul's School en Concord, Nova Hampshire. En 1936 graduouse en humanidades (Bachelor of Arts) na Universidade Yale. Mentres estivo en Yale considerou brevemente facer unha carreira máis tadicional despois dunha conversación co seu irmán. Dixo: "Louis díxome que deberiamos ter un avogado na familia", "pero eu realmente odiaba a idea, e no verán de 1936, despois de graduarme no college, decidín abandonar todas as perspectivas dun próspero e respectable futuro e dedicarme aos meus paxaros, o tema sobre o que estaba irresistiblemente interesado."

Viaxes e educación miniatura|Ripley en fronte do Smithsonian Quadrangle Complex miniatura|Ripley e un neno non identificado co dinosauro "Tío Beazley," na apertura do Anacostia Neighborhood Museum, 15 de setembro de 1967 Un amigo da familia Ripleys, John, cuxo pai fundou a Young Men's Christian Association (YMCA), e Celestine Mott estaban planeando visitar a India para crear un hostal YMCA na India. Isto fixo que visitase a India aos 13 anos, xunto coa súa irmá. Parou no Hotel Taj Mahal de Bombai e despois foi a Caxemira e fixo unha viaxe camiñando a Ladakh e ao oeste do Tibet. En Caxemira, practicou falcoería co Coronel Biddulph. Tamén visitou Calcuta e Nagpur. Un dos irmáns de Ripley cazou un tigre nunha cacería organizada por un maraxá.Stone (2017):10-15. Isto espertou nel un interese polas aves da India que lle duraría toda a vida. Volveu a St Paul's para completar os seus estudos. Suxeríronlle que Yale sería a mellor universidade para el. Ripley adestrouse en preparar espécimes con Frank Chapman e mesmo tomou o té unha vez co estudante de segundo ano Erwin Stresemann.Stone (2017):25. Decidiu que as aves eran máis interesantes que as leis e despois de graduarse en Yale en 1936 foi aconsellado por Ernst Mayr que lle dixo "a cousa máis importante que podes facer é obter unha formación biolóxica sólida e ampla." Despois matriculouse na Universidade de Columbia, onde empezou a estudar zooloxía. Como parte dos seus estudos, Ripley participou na Expedición de Denison-Crockett a Nova Guinea de 1937-1938 e na Expedición de Vanderbilt a Sumatra de 1939. Posteriormente obtivo o seu doutoramento (PhD) en zooloxía na Universidade Harvard en 1943.

Servizo na guerra e traballo académico Durante a segunda guerra mundial, serviu ás ordes de William J. Donovan ("Coordinador de Información") na Oficina de Servizos Estratéxicos (OSS polas súas siglas en inglés), predecesora da CIA. Nos primeiros días Ripley actuaba como enlace entre a British Security Coordination dirixida por Sir William Stephenson no Rockefeller Center. Posteriormente estivo a cargo dos servizos de intelixencia norteamericanos no sueste asiático. Outros que se uniron á OSS eran os amigos de Ripley en Yale Sherman Kent e Wilmarth S. Lewis.Stone (2017):46. Ripley tiña en moita estima os seus colegas da OSS e considerou inxusto por parte dalgúns acusar aos que tiñan inclinacións sociais, o que levaba a algúns a chamarlle á organización "Oh So Social".Stone (2017):48-49.

Ripley adestrou moitos espías indonesios, a todos os cales os mataron durante a guerra. Foi destinado brevemente a Australia coa identidade de tenente coronel en caso de que fose capturado. Tivo que ir a Inglaterra, Exipto, China e despois á India e Ceilán (Sri Lanka). Despois traballou co Destacamento 404 en Bangkok, dedicado a rescatar aviadores aliados que foran capturados na rexión coa axuda de tais amigables que traballaban para mantelos ocultos das forzas xaponesas. Despois deste período trasladouse a Sri Lanka e nunca chegou a Australia como planeara.Stone (2017):56-58. Traballou e "cultivou" relacións con Lord Mountbatten durante este período. Ambos encontrábanse a miúdo en ceas e festas en Nova Delhi e Trincomalee. Nunha ocasión, Ripley decatouse da presenza dun picapau verde e saíu para cazalo a tiros vestido só cunha toalla. A etiqueta do espécime di "cazado nun cóctel... a toalla caeu."Stone (2017):60.

Estaba en Kandy, Sri Lanka cando coñeceu a súa futura esposa Mary Livingston e a súa compañeira de apartamento Julia Child (entón Julia McWilliams), que traballaban ambas coa OSS.Stone (2017):58. Un artigo do 26 de agosto de 1950 de The New Yorker dicía que Ripley invertera o padrón usual, no cal os espías facíanse pasar por ornitólogos par conseguir acceder a áreas sensibles, xa que en vez diso el usaba o seu posto como oficial de intelixencia para ir ver paxaros a áreas restrinxidas.Hellman, Geoffrey T. (1950) Curator Getting Around. The New Yorker. 26 de agosto de 1950.Lewis, Michael (2003) Inventing Global Ecology: Tracking the Biodiversity Ideal in India, 1945-1997. Orient Blackswan. p. 117. O goberno de Tailandia premiouno coa Orde do Elefante Branco, un premio nacional polo seu apoio aos tais clandestinos durante a guerra. En 1947, Ripley entrou no Nepal finxindo ser un confidente estreito de Jawaharlal Nehru e o goberno do Nepal, desexoso de manteer lazos diplomáticos co seu país veciño recentemente independizado, permitiulle a el e a Edward Migdalski recoller espécimes de aves. Nehru acabou enterándose disto por un artigo de The New Yorker e estaba furioso, o que orixinou un período difícil para o seu colaborador e coautor, Salim Ali. Salim Ali soubo do incomodo de Nehru por Horace Alexander e o asunto quedou perdoado despois dalgunhas xestións.Stone (2017):75-76. Porén, o seu pasado na OSS fixo crecer as sospeitas de que os científicos norteamericanos que traballaban na India eran axentes da CIA. David Challinor, un antigo administrador da Smithsonian, indicou que había moitos axentes da CIA na India, e algúns finxían ser científicos. Sinalou que a Smithsonian enviou un experto á India para facer investigacións antopolóxicas que, sen sabelo a institución, estaba entrevistando refuxiados tibetanos que escaparan do Tibet ocupado polos chineses, pero engadiu que non había probas de que Ripley traballase para a CIA unha vez que abandonou a OSS en 1945.

Uniuse á Unión de Ornitólogos Americana en 1938, chegou a ser membro electivo en 1942 e membro en 1951. Despois da guerra ensinou en Yale e foi bolseiro Fulbright en 1950 e bolseiro Guggenheim en 1954. En Yale, unha das influencias científicas clave para Ripley foi o ecólogo G. Evelyn Hutchinson, que dirixira a expedición de Yale á India de 1932.Stone (2017):66-68. Ripley chegou a ser profesor titular e director do Museo de Historia Natural Peabody. Ripley serviu durante moitos anos na xunta da World Wildlife Fund nos Estados Unidos, e foi o terceiro presidente do International Council for Bird Preservation (ICBP, agora chamado BirdLife International).

Smithsonian Institution Exerceu como secretario da Smithsonian Institution desde 1964 a 1984. Tratou de revitalizar e ampliar a Smithsonian, construíndo novos museos, como o Anacostia Neighborhood Museum, agora chamado Museo da Comunidade de Anacostia, o Museo de Deseño Nacional Cooper-Hewitt, o Museo Hirshhorn, o Xardín da Escultura, a Galería Renwick, o Museo Nacional do Espazo e do Aire, Museo Nacional de Arte Africana, Xardín de Enid A. Haupt, o complexo do cuadrilátero subterráneo coñecido como o Centro S. Dillon Ripley e a Galería Arthur M. Sackler.

En 1967 axudou a fundar o Smithsonian Folklife Festival, e en 1970, a revista Smithsonian. Cría que do 75 % ao 80 % das especies animais entón vivas se extinguirían nos seguintes 25 anos.R Bailey (2000) Earth day then and now, Reason 32(1), 18-28

En 1985 premiárono coa Medalla Presidencial da Liberdade, o maior premio civil dos Estados Unidos. Recibiu graos honoris causa de 15 colexios e universidades, como da universidade Brown, Yale, Johns Hopkins, Harvard e Cambridge. Foi membro da Academia Nacional de Ciencias, da Sociedade Filosófica Americana e da Academia Americana de Artes e Ciencias. Premiárono coa medalla de honor das Fillas da Revolución Americana outorgado pola Presidenta Xeral Patricia Walton Shelby.

Ripley defendeu co éxito o Museo nacional de Historia Natural contra unha demanda xudicial que obxectaba a exposición Dinámica da Evolución. Morreu en Washington DC o 12 de marzo de 2001 aos 87 anos de idade por complicacións da súa enfermidade de Alzheimer.

Legado miniatura|Placa coa dedicación do Xardín de Mary Livingston Ripley. Ripley tratou de elaborar unha guía definitiva das aves do sur de Asia, pero púxose demasiado enfermo para exercer unha parte activa na súa realización. Porén, os autores finais, a súa axudante, Pamela C. Rasmussen e o artista John C. Anderton, denominaron a guía de dous volumes final Birds of South Asia. The Ripley Guide no seu honor.

O complexo subteraneo do Smithsonian no National Mall, o Centro S. Dillon Ripley, chámase así no seu honor. Un xardín entre o Museo Hirshhorn e Xardín de Escultura e o Edificio de Artes e Industrias foi dedicado en 1988 á súa muller, Mary Livingston Ripley.

A primeira biografía completa de Ripley, The Lives of Dillon Ripley: Natural Scientist, Wartime Spy, and Pioneering Leader of the Smithsonian Institution escrita por Roger D. Stone, publicouse en 2017.

O Ripley Waterfowl Conservancy, unha organización sen ánimo de lucro dedicada á reprodución e a investigación de aves acuaticas raras e en perigo, está localizada nunha propiedade de 150 acres de Ripley en Litchfield, Connecticut. A historia da Conservancy comezou na década de 1920 cando Ripley empezou a manter e reproducir aves acuáticas cando era adolescente, e considérase que conseguiu as primeiras reproducións en catividade do ganso de papo rubio, ganso de Hawai, ganso emperador e o pato de Laysan así como as primeiras reproducións en catividade nos Estados Unidos do pato de Nova Zelandia Aythya novaeseelandiae, o lavanco real de Groenlandia (Anas platyrhynchos conboschas) e o pato filipino Anas luzonica. En 1985, Dillon e a súa muller Mary Livingston Ripley, doaron a parte da súa propiedade que é hoxe a Conservancy a dita organización sen ánimo de lucro, que segue xestionándoa. Hoxe a Conservancy segue sendo unha das únicas instalacións en América do Norte dedicadas á reprodución e crianza de aves acuáticas raras e en perigo e alberga unha 90 especies de aves, cun total de 500 individuos. As fillas e netos de Ripley continúan estando implicados na Conservancy como membros da xunta directiva.

Obras seleccionadas The Land and Wildlife of Tropical Asia (1964; Serie: LIFE Nature Library) Rails of the World: A Monograph of the Family Rallidae (1977) The paradox of the human condition : a scientific and philosophic exposition of the environmental and ecological problems that face humanity (1975) Birds of Bhutan, with Salim Ali e Biswamoy Biswas