O termo proceso refírese a un conxunto de etapas sucesivas que se producen nun fenómeno natural ou artificial, como un ciclo biolóxico, un procedemento industrial etc. Pode facer referencia a:

Ciencia

En ciencias naturais, da vida e da saúde un proceso de atención, o conxunto das intervencións ou procedementos realizados para atender problemas de saúde;

o proceso alveolar, cada unha das partes do óso maxilar ou mandibular onde se aloxan os dentes; o proceso coracoide da escápula, unha apófise da escápula; o proceso coronoide cubital, unha formación ósea do cúbito; o proceso uncinado da costela, unha extensión ósea presente nas costelas dalgúns vertebrados; un proceso evolutivo, un proceso relacionado cos mecanismos da evolución biolóxica.

En física e xeoloxía

un proceso adiabático; un proceso isobárico; un proceso isocórico; un proceso isoentrópico; un proceso isotérmico; os procesos nucleares; un proceso termodinámico

os procesos eólicos, os procesos de erosión, transporte e sedimentación producidos polo vento;

un proceso xeográfico.

En matemáticas

un proceso estocástico;

o proceso de Gram-Schmidt.

En química

o proceso Bayer, empregado para a obtención de alúmina a partir da bauxita;

o proceso de Haber, empregado para a produción de amoníaco;

o proceso de Czochralski, empregado para o cultivo de cristais.

En ciencias sociais

un proceso histórico; en Arxentina, o Proceso de Reorganización Nacional; a ditadura militar arxentina entre 1976 e 1983; o Proceso independentista catalán, coñecido como Procés, o conxunto de acontecementos vinculados ao independentismo catalán na década de 2010. o Proceso de Boloña, o proceso de implantación do Espazo Europeo de Educación Superior; Procesos de fusión entre entidades, como o Proceso de fusión das caixas galegas.

En dereito

un proceso xudicial; o Proceso 1001, un proceso do Tribunal de Orde Pública contra dirixentes de Comisións Obreiras durante o franquismo; o Proceso de Burgos, un xuízo sumarísimo contra membros de ETA durante o franquismo; o Proceso de El Escorial, un xuízo levado a cabo en 1807 por unha conspiración contra Manuel Godoy; o Proceso de Montjuïc, un xuízo militar celebrado en Barcelona a finais do século XIX; o proceso de Scopes, un proceso xudicial estadounidense relacionado co ensino da evolución; o Proceso e disolución da Orde do Temple, o proceso contra a Orde do Temple e a súa posterior disolución.

En economía e empresa

un proceso produtivo; un proceso de negocio;

En informática

un proceso; a instancia dun programa informático en execución.

En manufactura e industria

un proceso de fabricación; por exemplo os do aceiro: o proceso de Bessemer; un proceso de produción de aceiro; o proceso de Linz-Donawitz, un proceso de produción de aceiro; o proceso Siemens-Martin, un proceso de fabricación de aceiro.

En literatura e mundo editorial, teatro e cinema

O proceso, unha novela inacabada de Franz Kafka;

O proceso de Artaud, unha curtametraxe de Ramiro Ledo;

Proceso en Jacobusland, unha obra dramática de Eduardo Blanco Amor.

Proceso, un semanario mexicano que aborda sobre todo problemas políticos.

Notas

Véxase tamén