Xiuhtēcuhtli (en ), tamén coñecido como Cuezaltzin (en ) ou Ixcozauhqui, é o deus do lume, o día e a calor na mitoloxía azteca. As fontes históricas refírense a el por varios nomes, que reflicten os seus diferentes aspectos e moradas nas tres partes do cosmos. Era considerado o señor dos volcáns, a personificación da vida no alén, a calor no frío (é dicir, o lume), a luz na escuridade e a comida durante unha gran fame. A súa esposa é Chalchiuhtlicue.

Ás veces é considerado a mesma divindade ca Huehueteotl (en ), malia que Xiuhtēcuhtli adoita representarse como un mozo. Tamén aparece como manifestación de Ometecuhtli, o Señor da Dualidade, e, segundo o Códice Florentino, era o pai dos deuses, que vivía nun cerrume de turquesa no centro da terra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deuses do lume Categoría:Deuses da guerra Categoría:Deuses aztecas