José Carabel Balsa, nado en Bergondo en 1924 e finado en Bergondo o 19 de xullo de 2004, foi un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Os seus irmans dedicáronse ao negocio das xoias coa empresa Balcarsa, montando en 1967 un taller en Bergondo. Foi dono dunha construtora. Nas primeiras eleccións municipais do presente período democrático (1979) encabezou a candidatura da UCD en Bergondo e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular e revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta. Nas municipais de 1987 encabezou a Coalición Progresista Galega, que montara o entón presidente da Deputación da Coruña Enrique Marfany, e revalidou de novo a alcaldía cunha esmagadora maioría absoluta. Foi cabeza de lista do PPdeG nas municipais de 1991 e 1995 revalidando a alcaldía con maioría absoluta, se ben cunha marxe cada vez máis estreita sobre o PSdeG. Renunciou a concorrer á reelección nas municipais de 1999 e abandonou a alcaldía. Pasou a centrarse na súa construtora ata moi pouco antes do seu falecemento en xullo de 2004Muere José Carabel Balsa, alcalde de Bergondo entre 1979 y 1999.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Bergondo
Categoría:Alcaldes de Bergondo Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes