Joel J. Orosz, nado en Kalamazoo, Míchigan, o 15 de marzo de 1957, é un profesor universitario, experto en filantropía e autor numismático estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Joel J. Orosz, nado en Kalamazoo, Míchigan, en 1957, licenciouse en Historia en 1979 no Kalamazoo College, de Míchigan. En 1981 acadou o seu mestrado en Historia e Estudos Museolóxicos, e en 1986 o seu doutoramento en Historia Social dos Estados Unidos, na Case Western Reserve University, en Cleveland, Ohio.Smith, P. (2025)."Leader Profiule: Joel Orosz". Our State of Generosity. Johnson Center for Philantropy (ourstateofgenerosity.org).

Estudos filantrópicos A súa carreira profesional iniciouse como conservador do Kalamazoo Valley Museum entre 1983 e 1986, cando pasou a traballar na Fundación W. K. Kellogg ata 2001; nesa institución dirixiu o programa de filantropía e voluntariado, e fundou a Grantmaking School. Tamén exerceu a docencia na Grand Valley State University a partir de 2001, onde foi profesor de Estudos Filantrópicos no seu Jonson Center for Philantropy, ata que en 2010 pasou a ser profesor emérito,"Emeritus Faculty & Staff". Grand Valley State University (gvsu.edu). logo da súa xubilación."Joel J. Orosz, Ph.D." Dorothy A. Johnson Center for Philantropy. Grand Valley State University (johnsoncenter.org).

Autor numismático Paralelamente ao seu labor profesional, a figura de Orosz destaca tamén no ámbito da numismática, sinaladamente na súa vertente editorial. Entre 1986 e 1988 foi editor da publicación periódica The Asylum, e partir dese último ano formou parte do consello de dirección da Numismatic Bibliomania Society. Ademais, é membro doutras entidades asociativas e sociedades eruditas, como o Numismatic Literary Guild, a Rittenhouse Society ou a American Numismatic Society. Así mesmo, é coleccionista de literatura numismática.

Foron frecuentes as súas colaboracións con artigos especializados en publicacións como The Asylum, onde a partir de 1988 mantivo a sección "The Printer's Devil", e Coin Word, coa sección “Numismatic Bookie”, a partir de xuño de 2011.Deisher, B. (2011). "Orosz column 'Numismatic Bookie' debuts". En Coin World (coinworld.com). 14 de xuño Outras das revistas nas que colaborou foron The Numismatist, o Canadian Numismatic Journal, Coins, NASC Quarterly e Rare Coin Review.

Dous dos seus traballos monográficos sobre numismática estadounidense foron merecedores do premio ao mellor libro por parte do Numismatic Literary Guild, nos anos 2011 e 2017. Ademais, publicou outros traballos centrados na museística e na filantropía.

Orosz foi incluído na edición de 2021 da lista das persoas máis influentes na numismática estadounidense de 1960 a 2020, publicada pola revista Coin World,The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 135. e na edición de 2023 renovou o seu posto nesta listaxe.The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2023. Páxina 126.

Vida persoal Joel J. Orosz casou o 4 de agosto de 1979 con Florence Elizabeth Upjohn, con quen tivo tres fillas e un fillo.

Recoñecementos

2017: premio Robert Friedberg, do Profesional Numismatists Guild (PNG)."Robert Friedberg Award". Professional Numismatists Guild (PNGdealers.org). 2020: premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).McMorrow-Hernandez, J. (2020). "Len Augsburger and Joel Orosz Selected As 2020 Numismatic Literary Guild Clemy Winners". En CoinAge. 18 de agosto. 2021: premio Burnett Anderson Memorial, da American Numismatic Society, a American Numismatic Association e o NLG."Recipients of the Burnett Anderson Memorial Award". American Numismatic Society (Numismatics.org)."Joel Orosz 2021 Burnett Anderson Award". En The E-Sylum, Vol. 24. Nº 38. 19 de setembro de 2021.

Publicacións

Numismática (1988). The Eagle That is Forgotten. Pierre Eugene Du Simitiere, Founding Father of American Numismatics. Bowers & Merena. ISBN 978-0943161082 (1997). The Curious Case of the Collectors Kline. Bowers & Merena. ISBN 978-0943161730 (2011). The Secret History of the First U. S. Mint (con L. Augsburger e E. P. Newman). Whitman Pub. ISBN 978-0794832445. "Libro do ano 2011" para o Numismatic Literary Guild (NLG). (2015). Truth Seeker: The Life of Eric P. Newman (con R. W. Burdette e L. Augsburger). Ivy Press. ISBN 978-1633513709. "Libro do ano 2016" para o NLG. (2017). 1792: Birth of a Nation’s Coinage (con P. Smith e L. Augsburger). Ivy Press. ISBN 978-1633512986. "Libro do ano 2017" para o NLG. (2020). My Life in Rare Coins: And Other Adventures (con David Q. Bowers). Whitman Pub. ISBN 978-0-7948-4830-9

Filantropía e museoloxía

(1997). For the Benefit of All: A History of Philanthropy in Michigan. W. K. Kellog Foundation. ISBN 978-1891445002. (2000). The Insider's Guide to Grantmaking: How Foundations Find, Fund, and Manage Effective Programs. Jossey-Bass. ISBN 978-0787952389 (2002). Curators and Culture: The Museum Movement in America, 1740-1870. University Alabama Press. ISBN 978-0817312046 (2007). Effective Foundation Management: 14 Challenges of Philanthropic Leadership. AltaMira Press. ISBN 978-0759109872

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2025). "Orosz, Joel J., Dr.". En American Numismatic Biographies. Páxina 327.

Ligazóns externas

Vídeo: "Joel Orosz: Philanthropic Biography" (Dorothy A. Johnson Center for Philanthropy) Vídeo: "Joel Orosz: The Grantmaking School" (Dorothy A. Johnson Center for Philanthropy) Vídeo: "Joel Orosz: The Culture of Cooperation" (Dorothy A. Johnson Center for Philanthropy)

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados no condado de Kalamazoo, Míchigan Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Robert Friedberg Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Alumnos da Case Western Reserve University Categoría:Profesores da Grand Valley State University Categoría:Filantropía Categoría:Personalidades sen imaxes