O Samsung Galaxy Note 7 foi un phablet baseado en Android que utilizaba a interface personalizada Samsung Experience, desenvolvida sobre Android Nougat. Presentouse o 2 de agosto de 2016 e lanzouse oficialmente o 19 de agosto dese ano como sucesor do Galaxy Note 5. O Note 7 foi o primeiro teléfono de Samsung en incorporar un porto USB-C.
Fallos detectados Samsung suspendeu as vendas do dispositivo e anunciou unha retirada informal do mercado o 2 de setembro de 2016, tras descubrirse un defecto de fabricación na batería que provocaba que algunhas unidades se quentasen en exceso e chegasen a arder ou estourar. Posteriormente, o 15 de setembro de 2016, Samsung anunciou unha retirada oficial nos Estados Unidos. Tras ese incidente, lanzouse unha nova versión que empregaba baterías dun provedor diferente. Non obstante, ao comprobarse que estas unidades tamén se incendiaban, Samsung decidiu retirar o produto definitivamente e cesar a súa produción por completo.
Este teléfono foi o único que tivo prohibido o seu acceso a avións ou a calquera outro medio de transporte ou lugar, debido ao temor de que puidese estourar ou incendiarse e provocar un accidente.
Notas
Categoría:Samsung Galaxy