miniatura|Esquerda: vulva depilada non excitada. Dereita: a lubricación vaxinal ás veces é visible despois da excitación sexual.
A lubricación vaxinal é un fluído corporal producido naturalmente que lubrica a vaxina. A produción de lubricación vaxinal incrementa significativamente durante a excitación sexual en anticipación da relación sexual. A sequidade vaxinal é a condición na cal esta lubricación é insuficiente, e ás veces úsanse lubricantes artificiais para aumentala. Sen lubricación suficiente, o acto sexual pode ser doloroso. O recubrimento vaxinal non ten glándulas e, por tanto, a vaxina depende doutros mecanismos para a lubricación. O plasma sanguíneo das paredes vaxinais debido á conxestión vascular considérase que é a principal fonte de lubricación, e as glándulas de Bartholin, localizadas un pouco por debaixo e a esquerda e dereita da abertura vaxinal, tamén segregan moco para aumentar as secrecións na parede vaxinal. Preto do momento da ovulación, o moco cervical proporciona lubricación adicional.
Mecanismo miniatura|180px|Abetura vaxinal con lubricación vainal visible durante a excitación sexual.
Composición O fluído da lubricación vaxinal é unha transudación do plasma sanguíneo que se difunde a través das paredes vaxinais. A composición varía con duración da excitación.
Durante a excitación, prodúcese esta lubricación vaxinal, que tamén se chama ás veces "fluído da excitación". É un fluído claro, fino e viscoso. Normalmente só dura unha hora. Ás veces pode conundirse co moco cervical.
Produción A vaxina humana está innervada por nervios que responden ao polipéptido intestinal vasoactivo. Como resultado, o polipéptido intestinal vasoactivo induce un incremento do fluxo sanguíneo vaxinal acompañado dun incremento na lubricación vaxinal. Os descubrimentos suxiren que este polipéptido pode participar no control dos cambios fisiolóxicos locais observados drante a excitación sexual: vasodilatación xenital e un incremento na lubricación vaxinal. O neuropéptido Y tamén está implicado na súa produción.
Sequidade vaxinal Unha insuficiente lubricación ou sequidade vaxinal pode causar dispareunia, que é un tipo de trastorno doloroso sexual. Mentres que a sequidade vaxinal se considera un indicador do trastorno do desexo sexual hipoactivo femenino, a sequidade vaxinal pode resultar dunha excitación e estimulación insuficientes ou de cambios hormonais causados pola menopausa (potencialmente causantes de vaxinite atrófica), a gravidez ou a lactación materna. A irritación por cremas e escumas anticonceptivas pode igualmente causar sequidade, que pode causar medo e ansiedade á hora da intimidade sexual. A sequidade vaxinal pode tamén ser un síntoma da síndrome de Sjögren, un trastorno autoinmune crónico no cal o corpo destrúe as glándulas produtoras da secreción húmida.
Certos medicamentos, como algunhas antihistaminas que se venden sen receita, así como episodios da vida como a gravidez, lactación, menopausa, envellecemento ou doenzas como a diabetes, inhiben a lubricación. Medicinas con efectos anticolinérxicos ou simpatomiméticos secan os tecidos mucosos ou "húmidos" da vaxina. Tales medicinas inclúen moitos fármacos comúns para condicións médicas alérxicas, cardiovasculares, psiquiáticas e outras. Os contraceptivos orais poden tamén incrementar ou diminuír a lubricación vaxinal.
En casos aparentemente raros, informouse que os inhibidores da recaptación da serotonina selectivos (SSRIs) causan un trastorno iatroxénico de longa duración coñecido como disfunción sexual post-SSRI, cuxos síntomas inclúen unha redución da lubricación vaxinal nas mulleres.
A sequidade vaxinal afecta un 3-43 % das mulleres, e é máis común na menopausa. As mulleres posmenopáusicas producen menos lubricación vaxinal, e os niveis de estróxenos reducidos poden estar asociados cun aumento da sequidade vaxinal.
Estratexias de tratamento
Hormonal Os tratamentos con estróxenos considéranse o tratamento de referencia para a sequidade vaxinal. Están dispoñibles en formas sistémicas e vaxinais, e os estróxenos sistémicos tratan múltiples problemas, como os síntomas vasomotores e a osteoporose, se ben cun maior perfil de risco. Os estróxenos vaxinais, que inclúen cremas, pílulas, aneis e insertos, prescríbense máis comunmente debido ao seu menor risco. A DHEA (prasterona) é unha alternativa prometedora que mellora a saúde vaxinal con efectos secundarios mínimos e non altera significativamente os niveis hormonais.
Non hormonal O tratamento da sequidade vaxinal inclúe opcións vendidas sen necesidade de receita de lubricantes e humectantes vaxinais, tratamentos non estroxénicos con prescrición médica, aparatos de láser e ultrasóns e cambios no estilo de vida. A recomendación primaria son os lubricantes e humectantes vaxinais non hormonais, que teñen efectos secundarios mínimos e son doados de conseguir, especialmente para aquelas persoas nas que está contraindicado o tratamento con hormonas. Teñen a misión de imitaren as condicións vaxinais naturais e proporcionaren un alivio temproral durante a relación sexual, mentres que o uso regular de humectantes axuda a manter a humidade. Tratamentos de prescrición médica son opcións non estroxénicas para mulleres que non poden usar estróxenos. Ospemifene é un medicamento aprobado nos Estados Unidos para a sequidade e malestar vaxinal, aínda que non está clara a súa seguridade a longo prazo. A terapia láser vaxinal e os aparatos de ultrasóns son opcións emerxentes, especialmente para persoas que non responden aos métodos tradicionais. Aínda que os resultados iniciais parecen prometedores, as evidencias da súa eficacia a longo prazo son aínda limitadas. Tamén son beneficiosas as modificacións do estilo de vida que poden aliviar a sequidade vaxinal, como deixar de fumar, reducir a inxestión de alcohol e manter un peso saudable. Ademais, a actividade sexual regular pode mellorar a saúde dos tecidos e os niveis de humidade, o que é outra contribución ao alivio dos síntomas.
Sexo seco Nalgúns países de África, algunhas persoas practican o sexo seco, o cal supón retirar a lubricación vaxinal dalgún xeito.International Family Planning Perspectives, Volume 24, Número 2, xuño de 1998, Vaginal Drying Agents and HIV Transmission de Karen E. Kun. A razón para esta práctica alégase que é a limpeza e para mellorar o pracer sexual do compañeiro que realiza a penetración. Porén, ademais de facer que a relación sexual sexa doloosa para a muller, esta práctica pénsase que incrementa o risco de transmitir infeccións por vía sexual para ambos os membros da parella, como o VIH, para o cal o risco de transmisión aumenta polas laceracións que se poden producir no tecido vaxinal como resultado da falta de lubricación.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Exaculación feminina Punto G Líquido preexaculatorio Glándula de Skene Esponxa uretral Secreción vaxinal
Ligazóns externas
Sequidade vaxinal – Mayo Clinic
Categoría:Excitación sexual Categoría:Xinecoloxía Categoría:Fluídos corporais Categoría:Aparato reprodutor feminino