O pilro tridáctilo ou pilro bulebule (Calidris alba) é unha ave limícola de pequeno tamaño.
Descrición Mide de 18 a 21 cm de lonxitude. No inverno destaca pola súa plumaxe moi clara: a parte superior é gris ou gris moi clara, case branca, a inferior é branca. Teñen unha mancha negra nos ombreiros. As patas e o bico son escuras. Ten tres dedos nos pés, faltando o dedo posterior. En voo teñen aparenza gris pratexada, cunha banda alar branca ben visible.
Reprodución Cría na tundra ártica e en illas árticas coma as Spitzbergen. A subespecie Calidris a. alba cría na zona eurasiática e a C. a. rubida, na americana.
A época de cría é curta. Fan en xeral dúas postas de 3 ou 4 catro ovos de cor verde oliva cada unha.
Hábitat é distribución En inverno aparece a miúdo en praias de area, nas que captura crustáceos é vermes. É caraterística a súa habilidade para fuxiren das ondas sen ter que voar. Dependendo das poboacións fan só migracións curtas no inverno ou de longa distancia, que os levan ata Suráfrica, Australia e Suramérica.
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1764