miniatura|280px|dereita|Escudo de armas dos emperadores do Sacro Imperio Xermánico. O Sacro Imperio Romano Xermánico ou sinxelamente Sacro Imperio (en alemán: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en latín: Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae "Sacro Imperio Romano das Nacións Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de estados da Europa central, que se mantivo dende a Idade Media até inicios da Idade Contemporánea.

Formado en 962 da parte oriental das tres en que se repartiu o Reino Franco de Carlomagno en 843 mediante o tratado de Verdún, o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en 1806 por Napoleón Bonaparte.Holy Roman Empire, Encyclopædia Britannica En liña. Consultado o 12 de xullo de 2012.Joachim Ehlers: Natio 1.5 Deutschland und Frankreich, en: Lexikon des Mittelalters, Bd. 6, Sp. 1037 f.

Cando a elección como emperador de Carlos V (28 de xuño de 1519) ademais dos territorios alemáns e de Holstein e Prusia, que con Riga chegaba até o golfo de Finlandia, o Sacro Imperio comprendía Bohemia, Moravia e Silesia, alcanzando con Krajina as costas do mar Adriático; polo oeste, pertencían a el, o condado libre de Borgoña (ou Franco Condado) e Savoia, aos que se sumaban Xénova, Lombardía e Toscana en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos Países Baixos, coa excepción do Artois e Flandres, ao oeste do río Escalda. Partindo do norte dos Alpes, levaba todo un mes atravesar o territorio imperial en sentido norte-sur ou leste-oeste.Gascoigne, Bamber. "History of the Holy Roman Empire", en HistoryWorld.

A denominación do Sacro Imperio variou considerabelmente ao longo dos séculos. En 1034 utilizábase a fórmula Imperio Romano para referirse ás terras baixo dominio de Conrado II e non foi até 1157, durante o reinado de Frederico I Barbarroxa, en que se empezou a usar o termo Sacro Imperio. Doutra banda, o uso do termo Emperador Romano facía referencia aos gobernadores das terras europeas do norte e comezou a usarse con Odón II (emperador entre 973 e 983). Os emperadores anteriores, dende Carlomagno (morto en 814) até Odón I o Grande (emperador entre 962 e 973), utilizaran simplemente o título de Imperator Augustus (Emperador Augusto). O termo Sacro Imperio Romano comeza a ser utilizado a partir de 1254; e o termo Sacro Imperio Romano Xermánico data de 1512, logo de moitas variacións nos últimos anos do século XV.Martin Arbage, "Otto I", en Medieval Italy: An Encyclopedia, Routledge, 2004, p. 810 online: "Otto can be considered the first ruler of the Holy Roman empire, though that term was not used until the twelfth century."

Idiosincrasia do Sacro Imperio

O Sacro Imperio Romano Xermánico orixinouse na Francia Oriental. Debido á súa natureza prenacional e supranacional, o Imperio nunca se converteu nun Estado nación moderno, coma no caso de España ou de Francia, polo que nunca se desenvolveu un sentimento nacional integral.

O Imperio mantivo unha organización monárquica e corporativa, dirixida por un emperador e os Estados imperiais con moi poucas institucións comúns. O poder do Imperio non se encontraba unicamente en mans do emperador nin dos príncipes electores ou dun conxunto de persoas como as que se reunían nas Dietas Imperiais; por iso, o Imperio non pode ser entendido como un Estado federal nin como unha confederación. Tampouco era unha simple aristocracia ou oligarquía. Non obstante presentaba características propias de todas estas formas estatais. A historia do Sacro Imperio está marcada pola loita en canto á súa natureza. Así coma nunca logrou crebar a obstinación rexional dos seus territorios, o Imperio caeu nunha confederación informe: a Kleinstaaterei.

O Sacro Imperio foi unha institución única na historia mundial e é por iso que a forma máis sinxela de entendelo sexa quizais definilo polas súas diferenzas respecto doutras entidades máis comúns.Whaley 2011, p. 17.Peter Moraw, Heiliges Reich, en: Lexikon des Mittelalters, Munich & Zurich: Artemis 1977–1999, vol. 4, col. 2025–2028.

Nunca tivo vocación de converterse en estado nación, a pesar do carácter xermánico da maior parte dos seus gobernantes e habitantes. Dende os seus inicios, o Sacro Imperio estivo constituído por diversos pobos, e unha parte substancial da súa nobreza e cargos electos procedía de fóra da comunidade xermano-falante. No seu apoxeo, o Imperio englobaba a maior parte das actuais Alemaña, Austria, Suíza, Liechtenstein, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, República Checa e Eslovenia, así como o leste de Francia, o norte de Italia e oeste de Polonia. E con eles os seus idiomas, que comprendían multitude de dialectos e variantes dos que formarían o alemán, o italiano e o francés, ademais das linguas eslavas. Doutra banda, a súa división en numerosos territorios gobernados por príncipes seculares e eclesiásticos, bispos, condes, cabaleiros imperiais e cidades libres facían del, polo menos na época moderna, un territorio moito menos unido que os emerxentes estados modernos que tiña ao seu redor.The Holy Roman Empire, en Heraldica.org. A diferenza das confederacións, o concepto de Imperio non só implicaba o goberno dun territorio específico, senón que tiña fortes connotacións relixiosas (de aí o prefixo sacro), e durante moito tempo mantivo un forte ascendente sobre outros gobernantes do orbe cristián. Até 1508, os reis alemáns (titulados como rei de romanos) non eran considerados como emperadores até que o papa, vigairo de Cristo na terra, coroábaos formalmente como tales.Johnson, Lonnie R. Central Europe: Enemies, Neighbors, Friends (1996), Oxford University Press, p. 23.

O imperio, xa que logo, podería describirse como unha conxunción entre un estado e unha confederación de carácter relixioso.

Estrutura e institucións

Dende a Alta Idade Media, o Sacro Imperio caracterizouse por unha peculiar coexistencia entre emperador e poderes locais. A diferenza dos gobernantes da Francia Occidental, que máis tarde se convertería en Francia, o emperador nunca obtivo o control directo sobre os estados que oficialmente rexentaba. De feito, dende os seus inicios viuse obrigado a ceder máis e máis poderes aos duques e os seus territorios. O devandito proceso empezaría no século XII, concluíndo en gran medida coa paz de Westfalia (1648).

Oficialmente, o imperio ou Reich compúñase do rei, que había de ser coroado emperador polo papa (até 1508), e os Reichsstände (Estados imperiais).

Rei dos pobos xermánicos

miniatura|280px|Coroa do Sacro Imperio (segunda metade do século X), conservada actualmente na Schatzkammer de Viena.

A coroación papal de Carlomagno como emperador dos romanos en 800 constituíu o exemplo que seguiron os posteriores reis; e foi a actuación de Carlomagno defendendo o papa fronte á rebelión dos habitantes de Roma, o que iniciou a noción do emperador como protector da Igrexa católica romana.

Converterse en emperador requiría acceder previamente ao título de rei dos alemáns (Deutscher König). Dende tempos inmemoriais, os reis alemáns foran designados por elección. No século IX era elixido entre os líderes das cinco tribos máis importantes (francos, saxóns, bávaros, suabos e turinxios), posteriormente entre os duques laicos e relixiosos do reino, reducíndose finalmente aos chamados Kurfürsten (príncipes electores). Finalmente, o colexio de electores quedou establecido mediante a Bula de Ouro (1356). Inicialmente había sete electores, pero o seu número foi variando lixeiramente a través dos séculos.

Até 1508, os recentemente elixidos reis de Alemaña (oficialmente Rex Romanorum, rei de romanos) debían trasladarse a Roma para ser coroados emperadores polo papa. Porén, habitualmente o proceso demorábase até a resolución dalgúns conflitos crónicos: imporse no inestable norte de Italia, resolver disputas pendentes co patriarca romano, etc.

As tarefas habituais dun soberano, como decretar normas ou gobernar autonomamente o territorio, foron sempre, no caso do emperador, sumamente complexas. O seu poder estaba fortemente restrinxido polos diversos líderes locais. Dende finais do século XV, o Reichstag estableceuse como órgano lexislativo do imperio, unha complicada asemblea que se reunía a petición do emperador, sen unha periodicidade establecida e en cada ocasión nunha nova sede. En 1663, o Reichstag transformouse nunha asemblea permanente.

Estados Imperiais

Unha entidade era considerada como un Reichsstand (estado imperial) se, conforme ás leis feudais, non tiña máis autoridade por encima que a do emperador do Sacro Imperio. Entre devanditos estados contábanse:

Territorios gobernados por un príncipe ou duque, e nalgúns casos reis. (Aos gobernadores do Sacro Imperio, coa excepción da coroa de Bohemia, non se lles permitía ser reis de territorios dentro do imperio, pero algúns gobernaron reinos fóra do mesmo, como ocorreu durante algún tempo, co reino da Gran Bretaña, cuxo rei era tamén Príncipe elector de Hannover). Territorios eclesiásticos dirixidos por un bispo ou príncipe-bispo. No primeiro caso, o territorio era con frecuencia idéntico ao da diocese, recaendo no bispo tanto os poderes mundanos como os eclesiásticos. Un exemplo, entre moitos outros, podería ser o de Osnabrück. Pola súa banda, un príncipe-bispo de notable importancia no Sacro Imperio foi o bispo de Maguncia, cuxa sede episcopal atopábase na catedral desa cidade. Cidades libres imperiais O número de territorios era incriblemente grande, chegando a varios centenares en tempos da Paz de Westfalia, non excedendo a extensión de moitos deles uns poucos quilómetros cadrados. O imperio nunha definición afortunada era descrito como unha alfombra feita de retrincos (Flickenteppich).

Reichstag

O Reichstag era o órgano lexislativo do Sacro Imperio Romano Xermánico. Dividíase en tres tipos ou clases: O Consello dos electores, que incluía os electores do Sacro Imperio Romano Xermánico. O Consello dos príncipes, que incluía tanto laicos como eclesiásticos. O brazo laico ou secular: Príncipes (con título de príncipe, Gran Duque, Duque, Conde Palatino, Margrave ou Landgrave) tiñan dereito a voto; algúns tiñan varios votos ao posuír o goberno de máis dun territorio con dereito a voto. Así mesmo, o Consello incluía catro colexios que agrupaban a Condes ou Grafs: Wetterau, Suabia, Franconia, e Westfalia. Cada colexio podía emitir un voto conxunto. O brazo eclesiástico: Arcebispos, algúns abades e os dous grandes mestres da orde dos Cabaleiros Teutóns e dos Cabaleiros Hospitalarios (Orde de San Xoán) tiñan cada un deles un voto. Varios abades máis estaban agrupados en dous colexios: Suabia e Rin. Cada colexio tiña un voto colectivo. O Consello das cidades imperiais, que incluía representantes das cidades imperiais agrupados en dous colexios: Suabia e Rin, tendo cada un voto colectivo. O Consello das cidades imperiais, no entanto, non era totalmente igual ao resto, xa que non tiña dereito de voto en diversas materias como o da admisión de novos territorios.

Cortes imperiais

O Imperio tamén contaba con dúas Cortes: a Reichshofrat (tamén coñecida como Consello Áulico) na corte do rei/emperador (con posterioridade asentada en Viena), e a Reichskammergericht, establecida mediante a Reforma imperial de 1495.

Cronoloxía Dos Francos do leste á querela das investiduras miniatura|300px|O imperio occidental, tal e como se dividiu no Tratado de Verdún, 843. Do 'Atlas to Freeman's Historical Geography', editado por J.B. Bury, Longmans Green and Co. Third Edition 1903.

Aínda que existe unha certa polémica no plano das interpretacións, o ano 962 adóitase aceptar como o da fundación do Sacro Imperio. Nese ano Odón I o Grande, era coroado emperador, recuperando de xeito efectivo unha institución desaparecida dende o século V en Europa Occidental.