Trinidad Jiménez García-Herrera, nada en Málaga o 4 de xuño de 1962, é unha política española pertencente ó PSOE.

Biografía miniatura|250px|Trinidad Jiménez (esquerda) e a Primeira Dama da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner. Nada en Málaga, chegou a Madrid debido ó traslado do seu pai. Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, moi cedo ingresou en Xuventudes Socialistas de España, onde comezou a súa carreira política.

Apoiou claramente a candidatura de José Luis Rodríguez Zapatero á Secretaría Xeral do PSOE, dada a súa vinculación á corrente Nueva Vía dirixida polo propio Zapatero. Sendo este finalmente elixido,Trinidad entrou a formar parte da Comisión Executiva Federal do PSOE como secretaria de Relacións Internacionais.

Foi a candidata socialista á alcaldía de Madrid nas eleccións municipais de 2003, pero foi superada en votos por Alberto Ruiz-Gallardón (PP). Non obstante, conseguiu o maior número de concelleiros socialistas desde que o PSOE fora desaloxado da alcaldía.

O seu nome soou como futura ministra no gabinete de José Luis Rodríguez Zapatero cando este gañou as eleccións en 2004, aínda que seguiu sendo concelleira no concello de Madrid ata o 6 de setembro de 2006, data na que o Presidente a propuxo coma Secretaria de Estado para Iberoamérica.

En 2009 foi nomeada Ministra de Sanidade en substitución de Bernat Soria. En 2010 disputou con Tomás Gómez unhas eleccións primarias para converterse na candidata socialista á alcaldía de Madrid, pero saíu derrotada. Só uns días despois, José Luis Rodríguez Zapatero nomeouna Ministra de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou ata as Xerais de 2011, onde os socialistas sufriron unha severa derrota.

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía de Trinidad Jiménez na páxina do Ministerio de Asuntos Exteriores de España.

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Málaga Categoría:Concelleiros de Madrid Categoría:Ministros de Sanidade de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)