O 28 de outubro de 1982, os españois maiores de idade foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por terceira vez dende a Transición. Nestas eleccións, o Partido Socialista de Felipe González conseguiu unha amplísima maioría absoluta, ocupando 202 escanos dos 350 dos que consta o Congreso dos Deputados. Mentres a UCD sufría unha fortísima baixada, e Alianza Popular ocupaba por primeira vez o seu espazo dentro da política.

Os resultados con 99,99% dos votos escrutados foron:

← Eleccións xerais, 28 de outubro de 1982 → Partido Votos % Escanos Dif. Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 10 127 392 48,11 202 +81 Alianza Popular - Partido Demócrata Popular (AP-PDP) 5 548 107 26,36 107 +97 Convergència i Unió (CiU) 772.726 3,67 12 +3 Unión de Centro Democrático (UCD) 1 425 093 6,77 11 -157 Partido Nacionalista Vasco (PNV) 395.656 1,88 8 +1 Partido Comunista de España (PCE) 846.515 4,02 4 -19 Centro Democrático y Social (CDS) 604.309 2,87 2 +2 Herri Batasuna (HB) 210.601 1,00 2 -1 Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 138.118 0,66 1 = Euskadiko Ezkerra (EE) 100.326 0,48 1 =

As eleccións en cifras O 28 de outubro estaban inscritos no censo electoral 26 846 940 persoas, das cales un 79,97% votou e un 20,03% abstívose.

Outras cifras: Votos válidos: 98,05% Votos nulos: 1,95% Votos a candidaturas: 99,53% Votos Brancos: 0,47%

1982 Categoría:1982