O 1 de marzo de 1979 celebráronse en España eleccións xerais para renovar as Cortes por segunda vez na Transición española. Adolfo Suárez, con UCD, conseguiu unha ampla maioría, con 47 escanos de diferenza respecto á segunda forza máis votada, o PSOE. Os resultados foron practicamente os mesmos que nas eleccións anteriores, celebradas dous anos antes. Subiron todos os partidos nacionais, menos AP, que se presentou como Coalición Democrática. A extrema dereita conseguiu por primeira vez un deputado no Congreso, na persoa de Blas Piñar.
Participación O 1 de marzo estaban inscritos no censo electoral 26 836 490 persoas, das cales un 68,04 % votou e un 31,96% abstívose.
Votos válidos: 98,53 % Votos nulos: 1,47 % Votos a candidaturas: 99,68 % Votos brancos: 0,32 %
Resultados
Os resultados co 99,99 % dos votos escrutados foron:
← Eleccións xerais, 1 de marzo de 1979 → Partido Votos % Escanos Dif. Unión de Centro Democrático (UCD) 6 268 593 34,84 168 +2 Partido Socialista Obrero Español (PSOE) 5 469 813 30,40 121 +3 Partido Comunista de España (PCE) 1 938 487 10,77 23 +4 Coalición Democrática (CD) 1 088 578 6,05 10 -6 Convergència i Unió (CiU) 483.353 2,69 8 +8 Partido Nacionalista Vasco (PNV) 296.597 1,65 7 -1 Partido Socialista de Andalucía - Partido Andalucista (PSA-PA) 325.842 1,81 5 +5 Herri Batasuna (HB) 172.110 0,96 3 +3 Unión Nacional (UN) 378.964 2,11 1 +1 Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) 123.452 0,69 1 +1 Euskadiko Ezkerra (EE) 85.677 0,48 1 = Unión del Pueblo Canario (UPC) 58.953 0,33 1 +1 Partido Aragonés Regionalista (PAR) 38.042 0,21 1 +1
Galería de imaxes
1979 Categoría:1979