Isabel Naveira, nada na Coruña o 4 de outubro de 1975, é unha actriz galega.

Traxectoria Comezou participando en curtametraxes producidas pola Escola de Imaxe e Son da Coruña. Fíxose popular pola súa participación en Mareas vivas e, máis recentemente, en Terra de Miranda, Valderrei e Matalobos (no papel da cabo Eva Seijas) e outras series da Televisión de Galicia, así como en varias longametraxes galegas entre as que destacan O lapis do carpinteiro ou O agasallo de Silvia.

Ademais, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña.

Filmografía Longametraxes O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. O agasallo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez. A Atlántida (2005), de Belén Macías. Chapapote... o no (2006), de Ferran Llagostera. Abrígate (2007), de Ramón Costrafreda. O bosque de Levas (2007), de Antón Dobao. 18 comidas (2010), de Jorge Coira. Concepción Arenal, a visitadora de cárceres (2012), de Laura Mañá. Años después (2012), de Laura Pino e Laura Gárdos. Encallados (2013), de Alfonso Zarauza. O soño logrado (2017), de José F. Ortuño. Infiesto (2023), de Patxi Amezcua.

Curtametraxes Súcubo Fragmentos ¿Qué me queres amor? (1998). Habitación doble En qué consiste la vida Unha nova vida Viaje a Finlandia (2005), de David Hernández Luís. Quérote mal (2005), de Mireia Giró. Sen chumbo (2006), de Julio López e Jorge Saavedra Mancebo. Quietos (2008), de Beatriz Vázquez. Chans inmensamente fríos (2009), Martín Rodríguez Vázquez. In Memoriam (2011), de Cristina Bodelon

Televisión Papeis fixos Mareas vivas (1998). Como Ana Mouzo Rei. Terra de Miranda (2007). Como María. Valderrei (2007). Como Nuria. Matalobos (2010-2013). Como a tenente Eva Seijas. Mar libre (2010). Serramoura (2014-2019), TVG. Como Raquel Neira. O final do camiño (2017), TVE. Como Isabel de Guimaraenz. Fariña (2018), Antena 3. Como Pilar Charlín. Las chicas del cable (2018). Como Almudena. Vivir sin permiso (2020). Néboa (2020). Como Carmela. La Uno de TVE. Caronte (2020). Como Fiscal.

Papeis episódicos Rías Baixas (2000) Fíos (2001) Pequeno Hotel (2001) As leis de Celavella (2003)

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Título Resultado2012Mellor actrizMatalobosNomeada

Véxase tamén Ligazóns externas Asociación de Actores de Galicia Consello da Cultura Galega

Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1975