250px|miniatura|16ª edición dos Premios Mestre Mateo. 250px|miniatura|Palacio da Ópera da Coruña. Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.
Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios teñen 25 categorías. O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co mestre Mateu.
Historia Antes de que se constituíse a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) era a responsable de organizar os premios anuais do audiovisual galego, baixo o nome de Premios AGAPI. As cerimonias dos premios celebráronse entre os anos 1996 e 2001. En 2002 os premios recibiron o nome do cineasta Chano Piñeiro, e foron organizados conxuntamente por AGAPI e pola nova asociación de produtoras que se acabara de constituír, a AEGA.
No 2002 adoptaron a súa denominación actual, polo que se fixeron dúas cerimonias do mesmo ano.
Cerimonias A continuación, unha lista de tódalas cerimonias dos Mestre Mateo. CerimoniaDataMellor filmePresentador(es)Lugar Premios Chano Piñeiro 2002 7 de abril de 2002 O bosque animado Javier Veiga Pazo da Ópera da Coruña 1ª edición dos Premios Mestre Mateo 7 de xuño de 2003 Os luns ó sol Javier Veiga Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela 2ª edición dos Premios Mestre Mateo 26 de xuño de 2004 Trece badaladasO lapis do carpinteiro Javier Veiga Pazo de Congresos de Santiago de Compostela 3ª edición dos Premios Mestre Mateo 20 de marzo de 2005 O ano da carracha Moncho Borrajo Teatro Sala de Concertos de Caixanova, en Vigo 4ª edición dos Premios Mestre Mateo 19 de marzo de 2006 León e Olvido Luis Piedrahita Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña 5ª edición dos Premios Mestre Mateo 9 de maio de 2007 Un franco, 14 pesetas Manuel Manquiña e Antonio Durán "Morris" Teatro Colón da Coruña 6ª edición dos Premios Mestre Mateo 15 de abril de 2008 O neno de barro Manuel Manquiña e Antonio Durán "Morris" Teatro Jofre de Ferrol 7ª edición dos Premios Mestre Mateo 30 de abril de 2009 Os mortos van á présa Sergio Zearreta Pazo da Cultura de Pontevedra 8ª edición dos Premios Mestre Mateo 17 de abril de 2010 Cela 211 Xosé Antonio Touriñán Pazo da Cultura de Narón 9ª edición dos Premios Mestre Mateo 28 de abril de 2011 18 comidas Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán Auditorio Municipal de Ourense 10ª edición dos Premios Mestre Mateo 28 de abril de 2012 Doentes María Castro Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña 11ª edición dos Premios Mestre Mateo 6 de abril de 2013 O Apóstolo Cristina Castaño Palacio da Ópera da Coruña 12ª edición dos Premios Mestre Mateo 12 de abril de 2014 Somos xente honrada Roberto Vilar Palexco da Coruña13ª edición dos Premios Mestre Mateo 11 de abril de 2015 Os fenómenos Roberto Vilar Palexco da Coruña14ª edición dos Premios Mestre Mateo 23 de abril de 2016 O descoñecido Marga Pazos e Xosé Antonio Touriñán Palacio da Ópera da Coruña15ª edición dos Premios Mestre Mateo 4 de marzo de 2017 María (e os demais) Iolanda Muíños Palexco da Coruña16ª edición dos Premios Mestre Mateo 3 de marzo de 2018 Dhogs Iolanda Muíños Palacio da Ópera da Coruña17ª edición dos Premios Mestre Mateo 2 de marzo de 2019 A sombra da lei Camila Bossa, David Amor, Xúlio Abonjo, Fernando Epelde e Carolina Iglesias Palacio da Ópera da Coruña18ª edición dos Premios Mestre Mateo 7 de marzo de 2020 O que arde Patricia Vázquez Palacio da Ópera da Coruña19ª edición dos Premios Mestre Mateo 10 de abril de 2021 Ons Lucía Veiga Teatro Colón da Coruña20ª edición dos Premios Mestre Mateo 19 de marzo de 2022 Tres Antonio Durán "Morris", Iolanda Muíños, Javier Veiga, Mela Casal, Monti Castiñeiras e Isabel Blanco Recinto Feiral Expocoruña21ª edición dos Premios Mestre Mateo 11 de marzo de 2023 O corpo aberto Lucía Veiga, Javier Veiga e Iolanda Muíños Auditorio Municipal de Ourense22ª edición dos Premios Mestre Mateo 23 de marzo de 2024 O corno Lidia Veiga e Miguel Canalejo Coliseum da Coruña23ª edición dos Premios Mestre Mateo 15 de marzo de 2025 As Neves Teté Delgado Lalín Arena24ª edición dos Premios Mestre Mateo21 de marzo de 2026SirātTrisha Fernández Federico PérezAuditorio Fuxan os Ventos
Categorías Categorías de produción: Premio Mestre Mateo ó mellor filme Mellor longametraxe de animación Mellor documental Mellor serie de televisión Mellor serie web Mellor programa de televisión Mellor película de televisión Mellor curtametraxe de imaxe real Mellor curtametraxe de animación Mellor anuncio publicitario Mellor videoclip
Categorías profesionais: Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria Mellor comunicador/a de televisión Premio Mestre Mateo á mellor dirección Mellor guión Mellor dirección de fotografía Mellor dirección de arte Mellor montaxe Mellor realización Mellor música orixinal Mellor son Mellor vestiario Mellor maquillaxe e peiteado Mellor dirección de produción
Récords Filme máis premiado: Dhogs en 2017 con 13 premios. O segundo é O descoñecido en 2015 con 12 premios. Serie de TV máis premiada nunha edición: As leis de Celavella en 2005 con 10 premios. Filme máis nomeado: Os mortos van á présa en 2008 con 20 nomeamentos. O segundo é Dhogs en 2017 con 17. Serie de TV máis nomeada nunha edición: Matalobos en 2011 con 15 nomeamentos. Actor máis premiado: Luís Tosar con 9 premios. Actor máis nomeado: Antonio Durán "Morris" con 18 nomeamentos. Actriz máis premiada: María Bouzas con 4 premios. Actriz máis nomeada: María Bouzas con 8 nomeamentos. Director máis premiado: Jorge Coira con 4 premios. Director máis nomeado: Jorge Coira con 7 nomeamentos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web dos Premios Mestre Mateo