María Teresa Táboas Veleiro, nada en Cidade de México en 1961, é unha arquitecta e política galega. Foi Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

Traxectoria miniatura|260x260px|Entrevista en Nós Televisión Naceu na Cidade de México no ano 1961, filla de emigrantes ourensáns do Carballiño e Beariz. Táboas é a maior de catro irmáns."Unha doutora en Arquitectura que entrou en política para traballar polo seu país" , artigo en La Voz de Galicia, 16 de febreiro de 2009.

Pasadas as primeiras etapas de estudo, inclinouse pola Arquitectura, tendo a Luis Barragán como mestre. Rematada a carreira, volta á terra dos seus pais na que traballa durante seis anos no estudio de César Portela, traballando durante dous anos no concello de Marín."Hai unha desnaturalización do patrimonio municipal a través do planeamento urbano" , artigo en Faro de Vigo.

En 1990 independízase do estudo de Portela fundando un estudio de seu, o Teresa Táboas Estudio de Arquitectura, dende o que vén desenvolvendo numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.

Obtivo o doutoramento cunha tese de doutoramento dirixida polo arquitecto César Portela Fernández-Jardón titulada El Color en Arquitectura.

Entre 1999 e 2003 foi presidenta da delegación pontevedresa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo elixida o 15 de maio do 2003 a primeira muller presidenta-decana do COAG.Decanos-presidentes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia Tamén forma parte como conselleira do Consello Superior dos Arquitectos Españois, sendo a segunda muller que ocupa este cargo dende que se fundou a institución en 1931. Pertence a 2 comisións consultivas do Parlamento Europeo en representación de España, unha delas sobre arquitectura sostíbel.[https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2004/08/07/teresa-taboas-anima-convertir-calle-nun-teatro-relacions/0003_2919017.htm Teresa Táboas anima a convertir la calle «nun teatro de relacións»

Foi deputada da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia, ocupou a consellería de vivenda da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009, durante o goberno bipartito de PSdeG-PSOE e BNG.

En 2021 entra a formar parte do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA), en 2023 foi elixida vicepresidenta e en 2026 foi elixida secretaria xeral.

Vida persoal É nai de dous fillos. Notas

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Deputados da VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia