miniatura|Club gay en Puerto Vallarta (Xalisco). A expresión inglesa gay-friendly (traducida ó galego como simpatizante LGTB) fai referencia a lugares, políticas, persoas ou institucións que buscan activamente crear unha contorna amigable cara á xente GLBT. Este é un concepto moi estendido nos últimos anos do século XX nos Estados Unidos e actualmente está estendido o seu uso en moitos países.

Lugares gay-friendly Algúns lugares son historicamente considerados gay-friendly: cidades como Ámsterdan ou San Francisco, barrios como o Soho en Londres, o Village neoiorquino, illas gregas como Mykonos ou Lesbos, Eivisa, Sitges ou máis recentemente os barrios de Chueca en Madrid ou o Gayxample en Barcelona.

A maioría das cidades contan con locais de lecer ou tendas consideradas gay-friendly. Ás veces, un xeito empregado por estes lugares para seren recoñecidos como tal é mostrando un adhesivo coa bandeira multicolor nun lugar visible.

Personaxes gay-friendly Algúns dos personaxes gay-friendly máis célebres a nivel mundial, convertéronse en grandes iconas gays. A maioría son mulleres e distinguíronse por apoiar as reivindicacións dos colectivos LGTB nos momentos máis difíciles, como Madonna, Cher, Barbra Streisand, Kylie Minogue, Anne Rice, ou Liz Taylor.

Véxase tamén

Outros artigos Capitalismo rosa Pinkwashing

Categoría:Economía LGTB