Maewo (tamén coñecida como Maéwo ou Aurora) é unha illa de Vanuatu situada na provincia de Penama, 150 km ao leste da illa de Espírito Santo. Está situada preto da illa de Ambae e da de Pentecoste. As súas dimensións son 47 quilómetros de longo por seis de ancho, cunha área total de 269 quilómetros cadrados. O punto máis alto da illa se sitúa a 795 metros sobre o nivel do mar. En 1979 a illa contaba cunha poboación de 1.772 habitantes.
Maewo é a illa con maior taxa de choiva de Vanuatu, superando os 2.500 mm por ano. Debido a esta circunstancia, a illa é fértil e abundante en vexetación. A caída da choiva tamén fai que a auga doce sexa abundante na illa e que se formen fervenzas.
Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas de Vanuatu