Azucena Villaflor, nada en Avellaneda (provincia de Buenos Aires) o 7 de abril de 1924 e finada cara a decembro de 1977, foi unha activista social arxentina, unha das fundadoras da asociación das Nais de Praza de Maio, dedicada a buscar aos "desaparecidos" durante a guerra sucia na Arxentina.
A súa vida Procedía dunha familia de clase obreira. A súa nai, Emma Nitz, deuna a luz con só quince anos; o seu pai, Florentino Villaflor, tiña 21, e traballaba nunha fábrica de la. Varios membros da familia do seu pai foran militantes peronistas.
Aos dezaseis anos empezou a traballar como telefonista nunha empresa de electrodomésticos. Alí coñeceu a Pedro De Vicenti, delegado sindical, con quen casou en 1949 e con quen tivo catro fillos.
O 30 de novembro de 1976, oito meses despois do comezo da ditadura militar que se chamou eufemisticamente "Proceso de Reorganización Nacional", un dos fillos de Azucena Villaflor, Néstor, e a noiva deste, Raquel Mangin, foron secuestrados. Villaflor iniciou a súa procura, dirixíndose ao Ministerio de Interior, e intentando solicitar a axuda do vicario militar Adolfo Tortolo (aínda que só conseguiu falar co seu secretario, Emilio Grasselli). Durante estas xestións, coñeceu a outras mulleres que estaban buscando tamén a parentes desaparecidos.
Tras seis meses de infrutuosas pescudas, Villaflor, xunto a outras persoas na súa mesma situación -que se foron coñecendo na procura dos seus familiares- decidiron iniciar unha serie de manifestacións para dar publicidade ao seu caso. O 30 de abril de 1977 ela e outras trece nais manifestáronse na Praza de Maio, no centro de Buenos Aires, enfronte da sede do goberno, a Casa Rosada. Ante a orde policial de non deterse nin "agruparse", senón "circular", decidiron camiñar ao redor da praza. A primeira marcha tivo lugar un sábado, e apenas tivo repercusión; a segunda foi un venres e desde entón converteuse en costume realizala todos os xoves, ao redor das tres e media da tarde.
O seu secuestro, desaparición, tortura e morte miniatura|Cinzas de Azucena Villaflor, na Pirámide de Mayo. Ese mesmo ano, o 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, as Nais publicaron un anuncio no xornal cos nomes dos seus fillos desaparecidos. Aquela noite, Azucena Villaflor foi secuestrada por un grupo armado na súa casa en Villa Dominico, en Avellaneda, Buenos Aires. Segundo testemuños, foi recluída no campo de concentración da Escuela de Mecánica de la Armada, ESMA, onde actuou, entre outros represores, Alfredo Astiz.
Identificación do seu corpo e enterro O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora "el choque contra objetos duros desde grande altura", como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte. Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.
En 1984 no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos óseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila del Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.
A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.
En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaron novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como "probabelmente masculino".
Cattani mandou os ósos ao laboratorio de Inmunoxenética e Diagnóstico Molecular (LIDMO) de Córdoba, pertencente ao EAAF. Os resultados do laboratorio foron determinando que os restos pertencían ao grupo de secuestrados entre os días 8 e 10 de decembro de 1977. O 8 de xullo de 2005 o xuíz Cattani recibiu o informe establecendo que un dos restos individualizados pertencían a Azucena Villaflor .
Os restos de Villaflor foron incinerados, e as súas cinzas enterradas aos pés da Pirámide de Maio, no centro da Praza de Maio, o 8 de decembro de 2005, ao termo da vixésimo quinta marcha de resistencia das Nais. Os seus fillos sobreviventes escolleron o lugar.
En 1997, o historiador Enrique Arrosagaray publicou unha biografía de Azucena Villaflor, titulada Los Villaflor de Avellaneda.
Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos Documentos secretos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno arxentino.
O dato está incluído en Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto "Informe sobre monjas muertas". Textualmente o documento di:
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense "Otra víctima de los vuelos de la muerte", artigo en Clarín, 4 de decembro de 2005 . "Las cenizas de Azucena, junto a la Pirámide" e "La fundadora de las Madres", artigos en Página/12, 9 de decembro de 2005 . The National Security Archive. US Declassified Documents: Argentine Junta Security Forces Killed, Disappeared Activists, Mothers and Nuns. Azucena Villaflor de De Vicenti - Notas biográficas e citas de persoas que a coñeceron
Villaflor