O 28 de xuño é o 179º día do ano do calendario gregoriano e o 180º nos anos bisestos. Quedan 186 días para finalizar o ano.

Acontecementos miniatura|300px| 1389 - Forzas otomás arrasan os exércitos da Europa cristiá en Kosovo, abrindo camiño para a conquista otomá do Sueste europeo. 1914 - No Atentado de Saraievo (Bosnia) é asasinado o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro ó trono austro-húngaro. Este foi o causante da primeira guerra mundial. 1936 - Plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia. 1966 - Golpe de estado que instaura a ditadura arxentina. 1969 - Rebelión de Stonewall. Grupos de homosexuais e transexuais fan fronte ás agresións policiais nun local de Nova York. Isto deu pé á conmemoración deste día como do do orgullo LGBT. 1984 - Polémico e violento traslado a Galiza e enterramento dos restos de Castelao en Bonaval.

Nacementos miniatura|100px|Jean-Jacques Rousseau. miniatura|100px|Maria Goeppert-Mayer. 1491 - Henrique VIII de Inglaterra, rei de Inglaterra (m. 1547). 1577 - Peter Paul Rubens, pintor flamengo (m. 1640). 1712 - Jean-Jacques Rousseau, filósofo suízo (m. 1778). 1824 - Paul Broca, médico e antropólogo francés (m. 1880). 1867 - Luigi Pirandello, escritor italiano (m. 1936). 1875 - Henri Lebesgue, matemático francés (m. 1941). 1891 - Esther Forbes, escritora estadounidense (m. 1987). 1906 - Maria Goeppert-Mayer, Premio Nobel de Física (m.1972) 1926 - Mel Brooks, actor e director norteamericano. 1927 - Frank Sherwood Rowland, químico estadounidense (m. 2012). 1930 - Itamar Franco, presidente do Brasil (m. 2011). 1943 - Donald Johanson, paleoantropólogo estadounidense. 1949 - Blanca-Ana Roig, profesora e crítica literaria galega. 1965 - Teté Delgado, actriz galega. 1966 - Åsa Larsson, escritora sueca.

Mortes miniatura|100px|Maria Mitchell. miniatura|100px|Jaume Vicens i Vives. 1385 - Andrónico IV Paleólogo, emperador bizantino (n. 1348). 1598 - Abraham Ortelius, xeógrafo e cartógrafo flamengo (n. 1527). 1889 - Maria Mitchell, astrónoma estadounidense (n. 1818). 1936 - Alexander Berkman, escritor anarquista lituano (n. 1870). 1937 - Eduardo Puente Carracedo, sindicalista e librepensador galego (n. 1887). 1937 - Carolina Regueiras, labrega galega asasinada polos falanxistas. 1960 - Jaume Vicens i Vives, historiador catalán. 1971 - José Cernadas Pérez, tipógrafo e sindicalista galego (n. 1880). 1980 - José Iturbi, pianista e compositor español (n. 1895). 1989 - Joris Ivens, realizador holandés (n. 1898). 2001 - Mortimer Adler, filósofo estadounidense (n. 1902). 2026 - Victor H. Mair, sinólogo estadounidense (n. 1943).

Festas e celebracións Día do Orgullo Gai. Noite das fogueiras de San Pedro.

Outros Santoral: Arximiro, Ireneo, Marcela.

Os 366 días do ano

Categoría:Xuño