Richard Lefebvre des Noëttes, nado en 1856 e finado en Bièvres en 1936, foi un oficial francés e historiador da técnica.
Traxectoria En 1924 o comandante Lefebvre de Noëttes publicou unha obra que marcou un fito, La Force animale à travers les âges (París, Berger-Levrault), na cal resolvía un problema particular, o do tiro animal e o cabalo de sela, que puña en relación cunha das grandes viraxes da historia, a desaparición do escravismo antigo.
Por discutíbeis que poidan ser, posteriormente, as ideas do comandante Lefèbvre des Noëttes, abriu unha nova vía, para perspectivas e explicacións inéditas Bertrand Gille, Histoire des techniques..
Se o feito mesmo non é hoxe posto en dúbida, non é menos verdadeiro que ao ligar o tipo de atalaxe e a desaparición do escravismo, Lefèbvre des Noëttes comprendeu que existía unha relación entre o sistema técnico e o sistema social.Gille
Ao basear, fundamentalmente, o seu estudo da atalaxe sobre documentación iconográfica, contribuíu a darlle á historia da técnica un interese certo. Se ben os estudos temáticos sobre técnicas concretas xa foran realizados a través da arte (muíño místico, lagar místico), Lefebvre des Noëttes abriu camiño a investigacións análogas, tales como a construción de edificios.
Logo da aparición do libro do comandante Lefebvre, houbo numerosas discusións sobre as orixes e a data do atalaxe moderno, que descansa esencialmente sobre a colleira de clavícula, sobre o varal e sobre a disposición dos animais en fila. O conxunto das novidades constituíu un progreso sobre a atalaxe antiga, que sufocaba o animal de tiro. Lefebvre des Noëttes indica a súa aparición no século XI e o seu rápido desenvolvemento no século XII.
Obras publicadas Libros L'attelage et le cheval de selle à travers les ages: contribution à l'histoire de l'esclavage. París. 1931 (revisión da publicación de 1924). De la marine antique à la marine moderne: la révolution du gouvernail: contribution à l'histoire de l'esclavage. París. 1935.
Artigos La force motrice animale et le rôle des inventions techniques, in "Revue de synthèse historique", XLIII, 1927, p. 83-91. La nuit du moyen age et son inventaire, in "Mercure de France", CCXXXV, 1932, pp. 572–579.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gille, B. (1978): Histoire des techniques, Gallimard, coll. «La Pléiade» (ISBN 978-2-07-010881-7)
Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Nados en Francia Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1936