A agana (Galium verum L.), tamén chamada callaleite, herba coalleira, herba da agana, herba do agano, herba do rodico, herba dos aganos, preseira, presoiro e rodesno, é unha planta orixinaria de Eurasia que medra en terreos secos, preto do mar.

Descrición

É unha planta anual herbácea con rizoma moi ramificado, caule ergueito, de sección cadrada e altura moi variábel, desde 5 a 120 cm (ordinariamente, de 20 a 70 cm), con follas, estreitas e lanceoladas, agrupadas en verticilos de 4-12 follas, e flores pequenas, cruciformes, de cor amarela brillante, agrupadas en densos acios terminais, que desprenden un aroma agradábel, semellante ao do mel. En Galicia pódese ver especialmente nas montañas do interior.

Propiedades

Sedante dixestivo. Empregouse en medicina popular para disolver cálculos renais. Tense recomendado para tratar a epilepsia. Dioscórides escribiu que sandaba as queimaduras de lume. As flores usáronse como tinguidura para poñer os cabelos louros. Foi empregada para callar o leite no proceso de elaboración do queixo, ao que se deben algúns dos seus sinónimos populares No pasado reenchíanse os colchóns coas súas flores para que o olor das mesmas mataran, supostamente, as pulgas.

Taxonomía Galium verum foi descrita por Linneo e publicada en Species Plantarum 1: 107, no ano 1753.Galium verum en Tropicos Sinonimia Asterophyllum galium Schimp. & Spenn. in F.C.L.Spenner (1829). Rubia vera (L.) Baill. (1880). Galium verum var. typicum Rouy in G.Rouy & J.Foucaud (1903), nom. inval. Galium verum subsp. euverum Hyl. (1945), nom. inval.Sinónimos en Kew Galium glabratum Klokov. Galium verum subsp. praecox (K.H.Lang) Petr. Galium verum subsp. verum Galium verum subsp. wirtgenii (F.W.Schultz) Oborny.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Düll, R. e H. Kutzelnigg (2011): Taschenlexikon der Pflanzen Deutschlands. 7. Auflage, Quelle & Meyer-Verlag. ISBN 978-3-494-01424-1 Font Quer, P. (2001): Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. 3ª edición. Barcelona: Ediciones Península, pp. 749–740. ISBN 84 8307 242 4 (1ª ed. publicada por Editorial Labor en 1961). Strasburger, E. (1994): Tratado de botánica. 8ª edición. Barcelona: Ediciones Omega, S.A., p. 840. ISBN 84 282 0979 0

Ligazóns externas Galium verum. United States Department of Agriculture.

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753