San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2020 tiña 35 habitantes, dos cales 20 eran homes e 15 mulleres.
A Fraga na literatura popular Adios, Calvos e Corvelle,/ adios, Taboazas i a Fraga,/ adios, Quintas de Lubeira,/ adios, demos de Parada Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle, parroquias do concello de Bande; Taboazas é lugar da parroquia de Santa Eufemia de Parada, concello de Lobeira; San Bartolomeu da Fraga, parroquia do concello de Lobeira; As Quintas, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello; Parada, parroquia do mesmo concello.. Mala morte mate ós homes/ i o pirmeiro sea o meu;/ o día que me il morrer/ vou ó San Bartolomeu Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 92. No orixinal: dia, íl. San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, que celebra a festa o 24 de agosto.. Por ir ao baille/ da Ramallosa,/ por ir ao baille/ perdín a moza Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 134). Pode referirse a unha Ramallosa da Limia que era un anaco de monte preto de San Bartolomeu da Fraga (parroquia do concello de Lobeira), onde xa Xaquín Lorenzo só sitúa as ruínas de vellas cabanas de pastores. Supón máis probable que se trate dunha cantiga importada.. Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162. No orixinal: Corbelle. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.. Viva Pereira e a Fraga, viva Parada tamén, as mociñas no sobrado bailan que bailan ben.
Lugares e parroquias Lugares da Fraga
Parroquias de Lobeira
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobeira
Categoría:Parroquias de Lobeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bartolomeu