Ariège (09) (en occitano Arièja) é un departamento francés situado na rexión de Occitania. O departamento toma o seu nome do río Ariège, afluente do río Garona. Os seus habitantes reciben o xentilicio francés de Ariégeois.

Historia O departemento foi creado durante a Revolución Francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, fusionando os Condados de Foix e de Coserans.

Fíxose unha solicitude ante o Conseil d'État francés para mudar o nome do departamento a Ariège-Pyrénées. De acordo aos partidarios do proxecto, a mención Pyrénées permitiría situalo mellor para así promovelo en toda Francia.

Xeografía Limita ao nordés con Aude, ao sueste cos Pyrénées-Orientales, ao sur con Andorra e a provincia de Lleida (España), e ao noroeste co Alto Garona. Maior altura: Pica d'Estats (3.145m), na fronteira franco-española. Punto máis baixo: saída do río Lèze (203m) Estrada a maior altura: Port de Pailhères (2.001m) Outras cimas: Pic du Port de Sullo (3.143 m), Pic Montcalm (3.078 m), Pic des Bareytes (2.951 m), Pic de Serrère (2.912 m) Principais ríos: Ariège, Salat, Lèze, Hers, Arise, Arac O río subterráneo de Labouiche, de 4,5 km de lonxitude, é o máis longo navegable do mundo. Maior lago: Lac de Montbel (5 km²) Lagoas de Bethmale (10 ha), de Mondély, de Labarre, de Bompas, de Sainte-Croix-Volvestre. Lagos de Peyrau, de Saint-Ybars Grutas: Le Mais-d'Avril, Niaux, Lle Portel, Bédeilhac, gruta de Les Trois-Frères, Lombrives (as maiores de Europa), Vache-Alliat

Demografía

Notas: As fronteiras definitivas con Andorra fixáronse o 14 de abril de 1862. Os límites con España -rectificados en 1856, 1862, 1863 e 1866- fixáronse definitivamente o 14 de xuño de 1906. As modificacións producidas dende 1801 ata esa data non implicaron transferencia de poboación.

As maiores cidades do departamento son (datos do censo de 1999): Pamiers 13.417 habitantes; 17.715 na aglomeración. Foix: 9.109 habitantes; 10.378 na aglomeración. Saint-Girons: 6.254 habitantes, 9.484 na aglomeración Lavelanet: 6.872 habitantes, 7.628 na aglomeración

Ligazóns externas

Conseil general (en francés) Prefectura (en francés) Ariège.com INSEE (Estatística francesa)

Categoría:Departamentos de Occitania