miniatura|Steiner en 2013. Francis George Steiner, nado en Neuilly-sur-Seine o 23 de abril de 1929 e finado en Cambridge o 3 de febreiro de 2020, foi un crítico e teórico da literatura e da cultura, e escritor. Trátase dun dos intelectuais de influencia internacional máis relevantes desde mediados do século XX.
Traxectoria O seu ámbito de interese principal é a literatura comparada. A súa obra como crítico tende á exploración, con recoñecida brillantez, de temas culturais e filosóficos de interese permanente, contrastando coas correntes máis actuais polas que transitou boa parte da crítica literaria contemporánea. A súa obra ensaística exerceu unha importante influencia no discurso intelectual público dos últimos cincuenta anos.
Contribúe habitualmente cos seus artigos para revistas e xornais, entre os que se inclúen The New Yorker, The Times Literary Supplement e The Guardian.
Publicou, ademais, varias novelas e libros de poesía.
Declaracións polémicas sobre a lingua galega En agosto de 2008, nunha entrevista no xornal El País, fixo as seguintes declaracións sobre a lingua galega, sobre as cales posteriormente pediu perdón:
Este comentario subscitou certa polémica no eido cultural galego.
Obras Narrativa Anno Domini, 1964.
Ensaio Tolstoy or Dostoevsky, 1958. The Death of Tragedy, 1960. After Babel, 1975. Antigones, 1984. Passion Spent: Essays 1978-96, 1996. Errata: an Examined Life, 1997. Grammars of Creation, 2001.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Críticos literarios Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades Categoría:Académicos da tradución Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Nados en París Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa