Paio (baixo-latín Pelagius, en castelán Pelayo, en asturiano Pelayu) (718? — 737), foi un caudillo militar que a historiografía española romanticista do século XIX quixo ver como fundador mítico do denominado por ela, "Reino de Asturias" e polo tanto o seu primeiro rei.

Os feitos referidos á vida de Paio que aparecen nas crónicas son idénticos a outros que aparecen na Biblia, en vidas de santos, ou en textos da historia grecolatina. Así, o discurso que pronuncia contra os musulmáns é similar o de Santa Baia, o percorrido de Paio polas montañas é como o episodio bíblico do Monte Horeb e en parte como o de Moises e a silveira ardente, e o o enfrontamento entre Paio e o bispo traidor Oppas sae na Biblia case literalmente.Murado (2013), pp. 38–44

Por outra parte, o Foro Antigo de Navarra (S.XIII), remite igualmente a un Paio propio co fin de xustificar os dereitos da aristocracia na elección do monarca, un paralelismo evidente que invita a pensar nun recurso mitificado sen base historiográfica. Orixes do nome Aínda que teñan querido facer del un nobre godo, o seu nome -que ten as variantes Pelayo (en castelán) e Paio (en galego e portugués)- é grego (Πελάγιος, «mariño»), algo común entre os indíxenas ibéricos. Talvez fose un autóctono galaico: un cronista árabe chámalle jiliqi, «galego». Traxectoria Fillo do duque Fávila, a súa figura idealizada como "salvador de España e de Europa" continua a ser aceptada dende a historiografía española e hispanófila máis tradicionalista. Así, o autor Sánchez-Albornoz quixo ver nel a "un hispano en quien encarnaban las ancestrales virtudes de la raza (...) comenzó la lucha multisecular entre islamismo y cristiandad que fue decisiva para la forja de España". Pola contra, gran parte da historiografía galega e o revisionismo actual consideran que, supoñendo a existencia de Paio verdadeira, o seu goberno apenas se puido estender polo oriente asturiano, que nese momento formaba parte da Galicia altomedieval, tal e como dan conta a documentación cristiá e musulmá, sendo un dos moitos señores territoriais galaicos, tal e como parecen certificar as propias crónicas.

Poucos datos se teñen do seu tempo, mais aparece citado no Testamentum Regis Aldefonsis, datado o 16 de novembro de 812, como o caudillo dunha rebelión, as crónicas posteriores dan visións diferentes e pouco fiábeisOp. cit. páxina 153.. As crónicas musulmás tamén recollen a súa figura, dándolle pouca importancia, o Akhbar Machmúa fala da resistencia de trinta homes:

Tamén aparece citado na posterior crónica de Al-Maqqari, que cita a Ibn Hayyan (século X):

Coa súa muller, de nome latino Gaudiosa, tivo dous fillos, o seu sucesor, Fávila, e Ermesinda, que viría a casar con Afonso I, fillo de Pedro, dux da Cantabria.

A súa figura permanece controvertida e nos últimos anos apareceron numerosos estudos nos que se dá diferente orixe e significación á súa figura. Así, Barbero e VigilBarbero & Vigil (1974) defenden que se trata do soberano dun reino autóctono independente dos visigodos mentres que, segundo, del Castillo e MontenegroJ. MONTENEGRO y A. DEL CASTILLO, «Don Pelayo y los orígenes de la Reconquista: Un nuevo punto de vista», Híspanla, Lll/1, núm. 180, 1992, págs. 5 ss. Ante as críticas aclararon posteriormente "Lo que hemos afirmado es que don Pelayo podría ser alguien próximo al duque de Asturias" en De nuevo sobre Pelayo y el origen de la reconquista sería alguén próximo a un suposto dux de Asturias, e outros autores fan del un visigodo non vencellado á corte senón á poboación local. A lenda tradicional, baseada nas falsificacións da época de Afonso III e o neogoticismo, seguen presentes na historiografía española máis tradicionalista e en manuais e obras xerais, aínda que con poucos estudos novos abundando nesa tese.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

BRANDÃO, Frei António (1973), Monarquia Lusitana, Parte Terceira, Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, pp. 129–137.

MATTOSO, José (1992), “A Época Sueva e Visigótica”, in História de Portugal (dir. por José Mattoso), vol. I: Antes de Portugal, Lisboa: Círculo de Leitores.

Outros artigos

Lista de reis de Galicia Lista de reis de Asturias

Categoría:Reis de Asturias Categoría:Finados en 737