miniatura|400px|Mapa das migracións humanas prehistóricas segundo estudos de xenética de poboacións aplicados ao ADN mitocondrial.Os números indican milenios antes do presente.
Co nome de migracións humanas prehistóricas, e tamén co de expansión da humanidade, coñécense unha serie de procesos polos cales o ser humano se foi estendendo paulatinamente desde os seus lugares de orixe até colonizar todas as rexións habitábeis do planeta Terra.
A evolución humana tivo lugar en África. Primeiramente o Homo erectus emigrou desde África cruzando Eurasia, nun proceso que comezou hai uns 2 millóns de anos. A expansión do Homo erectus foi seguida pola do Homo sapiens.
O H. sapiens alcanzou o Oriente Próximo arredor de hai 70.000 anos. Desde alí, as poboacións humanas estendéronse até Asia suroriental hai uns 50.000 anos, e despois pasaron a Australia hai uns 40.000 anos (un territorio ao que nunca chegara o Homo erectus). O Homo sapiens alcanzou Europa así mesmo hai uns 40.000 anos. A Asia oriental chegou hai 30.000 anos.A data do paso a América é controvertida; puido suceder hai 30.000 anos ou, quizais, moito máis cedo, hai 14.000 anos.
A colonización das illas do océano Pacífico por un lado, e a expansión dos esquimós polo Ártico por outro, non foi completada polo Homo sapiens até o 1º milenio da era común.Mais a emigración cara o Pacífico puido iniciarse hai 6.000 anos a contar desde o presente, cf. o artigo Austronesian languages na Wikipedia en inglés; porén, no artigo de cronoloxía, en francés, -2000, sinala esta data como a de saída dos primeiros emigrantes oceánicos desde Taiwán. Ao respecto dos inuit, cómpre lembrar que as culturas paleoesquimós, que chegan alcanzar mesmo Groenlandia, son moi anteriores ao cambio de Era.
Humanos primitivos (antes do Homo sapiens)
Os primeiros membros do xénero Homo, como o Homo ergaster, o Homo erectus e o Homo heidelbergensis emigraron desde África durante o Plistoceno Inferior, posibelmente como resultado da denominada bomba do Sáhara, hai 1,9 millóns de anos, dispersándose a través do Vello Mundo, e chegando na súa emigración tan lonxe como para alcanzar Asia Suroriental. A data da dispersión primeira fóra de África vén coincidir virtualmente coa aparición do Homo ergaster nos rexistros fósiles, e está asociado coa aparición do bipedismo integral, só medio millón de anos despois da aparición do xénero Homo mesmo e das evidencias de instrumentos de pedra atopados, o que se coñece como industria de Oldoway.
Asentamentos clave que mostran os pasos desta temperá emigración fóra de África son Riwat en Paquistán (1,9 millóns de anos), Ubeidiya en Oriente Próximo (1,5 millóns de anos) e Dmanisi no Cáucaso (1,7 millóns de anos).
China foi poboada hai máis de 1 millón de anos,Rixiang Zhu, Zhisheng An, Richard Pott, Kenneth A. Hoffman, Magnetostratigraphic dating of early humans in China, in Earth Science Reviews, vol. 61, num. 3-4, June, 2003, páxs. 191–361: format=PDF hai 1,66 millóns de anos, consonte datas baseadas en artefactos de pedra atopados na conca do Nihewan.Cfr. R. Zhu et alii (2004), New evidence on the earliest human presence at high northern latitudes in northeast Asia Artefactos de pedra atopados no sitio de Xiaochangliang foron datados en 1,36 millóns atrás.Earliest Presence of Humans in Northeast Asia. Smithsonian Institute , accessdate:2007-08-04, cfr. The archaeological site of Xihoudu in Shanxi Province is the earliest recorded of use of fire by Homo erectus, which is dated 1.27 million years ago, cfr "MagnetostratigraphicDating" in above note
Asia Suroriental (Xava) foi alcanzada sobre 1,7 millóns de anos atrás (Meganthropus).
Europa foi poboada desde hai uns 1,2 millóns de anos (Atapuerca).
Bruce Bower suxeríu que o Homo erectus puido construír balsas e navegar polos océanos, unha teoría que naceu con controversia.Bednarik, R.G., Seafaring in the Pleistocene, Cambridge Archaeological Journal 13 (2003), 41-66.
Debe, por outra banda, notarse que Homo non foi o primeiro homínido que colonizou Asia, pois os pónxidos chegaron até Asia Suroriental hai uns 15 millóns de anos.
Migracións do Homo sapiens
Interior de África O antepasado máis recente por vía matrilineal compartido por todos os seres humanos viventes, bautizado como a Eva mitocondrial, probabelmente viviu, grosso modo, entre 120.000 e 150.000 anos atrás, época na que viviu o denominado Homo sapiens idaltu, e moraría en África Oriental. Hai entre 100.000 e 80.000 anos, tres das liñas do Homo sapiens sapiens diferenciáronse: os portadores do haplogrupo mitocondrial L1 (mtDNA) / A (Y-DNA) colonizaron o sur de África (os antepasados dos pobos Khoisan ou Capoides); os portadores do haplogrupo L2 (mtDNA) / B (Y-DNA) asentáronse en África Central e Occidental (antepasados dos pobos falantes de idiomas Níxer-Congo e Nilo-Saharianos e tamén foron antecesores dos pigmeos ou Mbuti), mentres que os portadores do haplogrupo L3 permaneceron en África Oriental.
Saída de África miniatura|dereita|200px|O estreito de Bab el-Mandeb entre o Mar Vermello e o Golfo de Aden
De acordo con hipótese da orixe africana un pequeno grupo de portadores do haplogrupo L3, que vivirían na África Oriental emigraron cara ao nordeste, posibelmente en busca de alimento ou ben escapando de cambios climáticosRecentes estudos negan que houbese graves cambios climáticos durante o período, e colocan a énfase en cambios culturais decisivos, especialmente evidencias dun desenvolvemento de linguaxes simbólicas, que serían as que, en parte, impulsarían a explorar novas terras, cfr. Zenobia Jacobs et alii, Ages for the Middle Stone Age of Southern Africa: Implication for Human Behavior and Dispersal, in Science, 31 outubro 2008. Un resumo, en español, dese artigo pode lerse no xornal "El País", Madrid, 31 outubro 2008, páx. 38., cruzaron o Mar Vermello entre hai 125,000 e 60,000 anos, e no proceso acabarían por poboar o resto do mundo.
Arredor de hai uns 50.000 anos o mundo estaba a entrar na última idade do xeo coñecida e o nivel do mar estaba moito máis baixo, con parte da hidrosfera atrapada en extensas capas polares. Hoxe no estreito de Bab el-Mandeb, entre o Mar Vermello e o Golfo de Aden, a distancia entre as beiras de África e da península de Arabia é duns 20 km de ancho, pero hai 50.000 anos a distancia era moito menor e o nivel das augas mariñas era sobre 70 m máis baixo. Aínda que os estreitos non estiveron nunca completamente pechados, podía haber illas (hainas aínda hoxe) a través das cales podían apoiarse para navegar usando balsas sinxelas. Restos de cunchas de hai 125.000 anos foron achados en Eritrea, indicando que na dieta destes primeiros humanos o alimento mariño obtíñase engazando as praias. Isto cóidase que pode ser unha evidencia de que os humanos puideron cruzar o Mar Vermello en busca de novas fontes de alimento accesíbeis en praias deshabitadas.
Asia Suroriental e Australia
Algunhas evidencias xenéticas apuntan a que as emigracións desde África tiveron lugar a través de dúas rutas. Porén, outros estudos insinúan que só tivo lugar unha ruta migratoria, pero seguida dunha rápida migración, cara ao norte, dunha parte do grupo. Xa en Asia Occidental, as xentes que permaneceron no sur (ou ben que colleron a ruta do sur) expandíronse xeración a xeración bordeando a costa de Arabia e Persia até que alcanzaron a India. Un dos grupos que se dirixiran ao norte aventurouse no interior do continente[hhttp://www.biomedcentral.com/1471-2156/2/13/ 'Major genomic mitochondrial lineages delineate early human expansionst'], 31-08-2001, in BMC Genetics 2001, espallándose até Europa e puideron mesmo desprazaren os neandertais. Outros espalláronse desde a India a Asia Central. O grupo primixenio moveuse ao longo da costa suroriental de Asia, alcanzando Australia entre 55.000 e 30.000 anos atrás, aínda que unha maioría dos investigadores opinan que non sucedeu até un período comprendido entre 46.000 e 41.000 anos atrás. miniatura|dereita|300px|O mapa mostra as terras emerxidas durante o maximum da última glaciación en Asia Suroriental Durante esa época os niveis das augas mariñas eran moito máis baixos e o extremo da Asia Suroriental era unha masa de terra coñecido como o "continente perdido" de Sonda. Os pioneiros puideron continuar movéndose a través da ruta costeira suroriental até alcanzar a canle entre Sonda e Sahul (a masa continental que actualmente comprende Australia e Nova Guinea), esa canle chamámola hoxe Liña de Wallace. O canal tiña un ancho dun 90 km, polo que suxire que os colonizadores deberon ter coñecementos de navegación marítima para poder alcanzar Sahul (ou o que é o mesmo, Australia).
Se as datacións xenéticas son correctas, significaría que Australia foi poboada uns 10.000 anos antes que Europa. Iso é posíbel porque os grupos humanos evitaban, se podían, as rexións frías decatándose polas zonas tropicais ás que estaban mellor adaptados tendo en conta as condicións do primitivo territorio africano do que partiran. Outra testemuña que pode ser argumentada en favor da primacía do poboamento australiano é a de que todos os grandes mamíferos de Australia, que pesaban máis de 100 kg, desapareceron subitamente arredor de hai 46.000 anos. Os novos colonos son sospeitosos de estar detrás desta extinción. Moitos animais puideron estar afeitos a vivir sen predadores e tornábanse vulnerábeis e dóciles ante os ataques (algo similar ocorreu algo máis tarde en América).
Mentres algúns grupos cruzaron o mar até Australia, outros puideron continuar bordeando o litoral de Sonda até, nun momento dado, encamiñarse para o nordeste cara a China e, finalmente, até Xapón, non se deixar atrás unha cadea de asentamentos. Esta emigración costeira deixou as súas trazas nos haplogrupos mitocondriais que proceden do haplogrupo M e nos cromosoma Y haplogruop C. Ademais talvez sexa necesario aventurar a posibilidade de que os humanos modernos entrasen en contacto con humanoides arcaicos tales como o erectus. Recentes estudos xenéticos insinúan que Australia e Nova Guinea foron poboados por nunha única emigración desde Asia, en vez de en varias ondas. A ponte terrestre que unía Nova Guinea con Australia ficou mergullada hai aproximadamente 8.000 anos, o que illou as respectivas poboacións de ambos os dous territoriosRevealing the prehistoric settlement of Australia by Y chromosome and mtDNA analysisFrom DNA Analysis, Clues to a Single Australian Migration.
Europa